mércores, 31 de xaneiro de 2018

PROTAGONISTA "VERA"

Esta semana a nosa querida Vera é a protagonista. Unha das actividades a realizar, entre outras, é que a súa familia pase parte dunha xornada na escola.
Nesta ocasión, a súa mamá Cristina ensinounos como é Vera a través de fotos familiares e en diversas situacións.
O que non sabía a nosa protagonista é que un pouco máis tarde chegaron a súa curmá Ángela e a súa tía Rocío, que nos deleitaron cun concerto de gaita e pandeireta. Por suposto Vera non parou de bailar e agasallounos cos pasos tradicionais da nosa música tradicional tan fermosa.



MOITAS GRAZAS A ÁNGELA, ROCÍO E CRISTINA POR ESTA XORNADA TAN ESPECIAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario