xoves, 22 de marzo de 2018

SAÍDA A INDIANA BILL

Hoxe foi un día moi especial, estabamos contando os días que faltaban para que chegara. O autobús recollíanos na Aurora; todos emocionados fomos recollendo polas outras escolas (Carregal, Taborda e Vilachán) aos demais compañeir@s.
Ao chegar, xa nos esperaban @s nen@s de Forcadela, Barro e Amorín. deixamos cazadoras e zapatos e a xogaaaaarrrr!!! Logo merendamos e voltamos a dar outra volta polas bolas, tirolinas, colchonetas e tobogáns. En fin, un día espectacular.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario