sábado, 21 de abril de 2018

PATRIMONIO "VOZ NATURA"

Cando decidimos traballar o noso patrimonio cultural máis próximo no Cra,  dende a escola da Aurora tiñamos claro que íamos investigar a nosa fermosa escola.
Aproveitando un día de sol de finais de marzo, saímos coas mesas e cadeiras para fóra e a debuxarrrrr!
Que ben o pasamos contando as fiestras, as portas, cores,.....incluso démonos conta que temos una chimenea!. Logo grazas a aportación da mamá de Vera con diferente información impresa da traxectoria da nosa escola, así quedou o noso cartel. Esperemos que vos guste!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario