venres, 27 de abril de 2018

Protagonista "Gabriel"

Hoxe venres, achegouse á escola a mamá de Gabriel, Mariam. Ámbolos dous ensináronnos un álbum de fotos dende que Gabriel era pequerrecho ata a semana pasada que celebrou o seu 4° aniversario.
Logo, como estamos na primavera, fixemos coas nosas mans un ramo de flores moi colorido. Rematamos bailando varias cancións que nos gustan moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario