luns, 7 de maio de 2018

"Arte con centrifugadora"

Este venres, experimentamos coas cores e cun aparello que non coñeciamos moito: unha centrifugadora de leitugas". Pasámolo xenial dándolle con toda a forza que podiamos. Saíronnos uns cadros chulísimos. Outro día probarémola con outro material que non sexa papel. Xa vos contaremos.

Animámosvos a entrar no apartado de experimentos para que vexades o que cada venres ideamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario