xoves, 31 de xaneiro de 2019

"Cumpreanos de Martina"

Martina cumpríu esta semana 4 aniños e ademáis de festexalo con merendola na escola, a súa nai Rita, achegouse para contarnos algo máis dela cando era pequeniña. Os papás de Martina son fisioterapeutas polo que aproveitamos para que nos ensinara a dar masaxes; a través de xogos (somos tartas de cumpreanos, escalofrío e o masaxe dos animais) disfrutamos dunha sesión relaxante e moi agradable.
Grazas Rita, volve cando queiras!


venres, 25 de xaneiro de 2019

"Xogos de soplos"

Como nos gustan os xogos de soplos; este en particular, necesitaba un control do soplido para encestar os pompóns nos vasos, eso conseguímolo despois dun rato soplando ademáis de rirnos un montón. Seguiremos practicando....


xoves, 24 de xaneiro de 2019

"A NEVE"

Na estación na que nos atopamos había que experimentar coa neve (o curso pasado fixémola con bicarbonato e espuma de afeitar).
Nesta ocasión, utilizamos:

  • Fariña de millo
  • Espuma de afeitar
  • Recipiente
A imaxe que vos mostramos xa indica os pasos a seguir. Moi sinxelo pero fascinante en canto á sensación táctil que experimentaron. As súas cariñas o dín todo!!

mércores, 23 de xaneiro de 2019

"O noso atrapasoños"

O noso recuncho da calma necesitaba un "atrapasoños" para que parte da maxia que crean os nen@s na Aurora quede alí para sempre.
A base foi feita a ganchillo, logo nós démoslle vidilla, ensartando bolas de cores e rematando con plumas.
Agora só nos queda seguir soñando!!!.


martes, 22 de xaneiro de 2019

sábado, 19 de xaneiro de 2019

"PREPARANDO SEMILLEIROS"

Como agora no inverno vai frío e chove, decidimos preparar semilleiros de cenoria, tomate e leituga, para na primavera realizar o trasplante ao horto.
Primeiro enchemos con terra as macetas preparadas para tal fin (botellas de plástico,...) e logo observamos as tres clases de semillas: en que se diferencian? Cal é máis grande?, facemos un buraco co dedo na terra e introducimos nel algunhas semillas. Por último regamos, aínda que as que preparamos nas botellas de plástico son autosuficientes.
Xa vos contaremos como avanza. Chao



xoves, 17 de xaneiro de 2019

"Simplemente Aurora"

O alumnad@ da Aurora xa o dí todo!!! 🤗

xoves, 10 de xaneiro de 2019

Sorpresa ao voltar!!

Tod@s tiñamos ganas de voltar ao cole!! A nosa sorpresa foi que atopamos na aula, novo material co que seguir xogando e aprendendo.
Os que máis nos gustaron foron: un puzzle de madeira en forma de peixe con números por un lado e letras por outro; un xogo de madeira para contar paus; un libro espectacular co que seguiremos investigando o fondo mariño e os seus animais e un novo recipiente de madeira onde temos os nosos lápices de cores moi ben ordeados.
Que contentos estamos!!

mércores, 9 de xaneiro de 2019

Cumple "Eric"

Xa estamos de volta das vacacións de Nadal, e que mellor comezo que co festexo do quinto cumpreanos de Eric.