xoves, 28 de febreiro de 2019

ESCULTURAS FAMILIARES

Fai unhas semanas, enviamos unha serie de materiais (tapóns, plastilina, limpapipas, lá,...) para a casa co fin de que en familia realizaran unha escultura. A imaxinación e creatividade púxose a funcionar e o resultado foi que co mesmo materiais sairon cousas distintas e fermosas.
Grazas unha vez máis ás familias da Aurora pola súa colaboración.



mércores, 27 de febreiro de 2019

sábado, 23 de febreiro de 2019

"Buceando"

Onte venres, a mamá de Eric, Mila, estivo na nosa escola para darnos a coñecer un pouco o mundo do "buceo".
O padriño de Eric, Isaac, fai buceo a pulmón e deixounos o seu traxe de neopreno, os escarpines, as aletas, as gafas, ..... en fin todo o necesario para sumerxirse no mar sen perigos.
Completamos a vivencia con fotos das súas pescas.
Moitas grazas ISAAC,MILA E ERIC por compartir cos nen@s da Aurora o marabilloso mundo do buceo.



venres, 22 de febreiro de 2019

"Visita ao centro de día"

Este mércores, achegámonos con ilusión ao centro de día de Tomiño, xunto coas escolas de Carregal e Estás.
Como xa ocurrira noutras visitas, disfrutamos dunha xornada en compañía dos av@s, organizados en distintos obradoiros, onde pintamos uñas, maquillamos, relaxámonos, demos masaxes, interactuamos a través de distintos xogos manipulativos e realizamos algunha manualidade.
O cariño e conexión que se amosa entre os máis pequenos e os maiores é indiscriptible. Unha experiencia para o recordo.
Grazas a Elena e Paula pola súa dedicación e amabilidade.

xoves, 21 de febreiro de 2019

"Xa temos composteiro"

O luns tivemos visita na Aurora. Marcelo, Sandra e Leiro explicáronnos a montaxe do composteiro como se fose un puzzle, que se pode botar no composteiro e a necesidade de acompañar os restos orgánicos con pequenos paus. 
Xa estamos preparados para facer compost       ( terra máxica) e así aproveitar todo para o noso horto.
Grazas ás familias pola súa aportación de restos orgánicos de xeito habitual


sábado, 16 de febreiro de 2019

"Cumpreanos de Unai"

Ademáis de festexar o cumpreanos de Unai, a súa mamá Mónica acudíu á aula para contarnos algúns dos viaxes que realizan en familia. A través dun álbum de fotos fomos escoitando como nos contaban as súas aventuras no acuario de A Coruña e do Grove, á feira do cabalo en Portugal, ect; pero os lugares que máis lle gustaron a Unai foron o "Museo de dinosaurios en Silleda" e "Xogar coa neve na Cañiza".
Moitas grazas familia, xa vos coñecemos un pouquiño máis. Bicazos



"Namorados"

Dende a volta de vacacións de nadal ata agora estivemos conversando moito na aula do "amor", que é?, como nos sentimos?, por quen o sentimos?, saíron cousas moi curiosas porque ademáis de amar moito aos nosos familiares e amigos, tamén os animais, prantas e peluches saíron nas postas en común.
Asemade, realizamos diferentes propostas na aula. Deixámosvos unha mostra:


luns, 11 de febreiro de 2019

xoves, 7 de febreiro de 2019

"Cristais de azucre"

Con este experimento tivemos que ter un pouco de paciencia, de vez en cando achegabámonos a ver como se ían formando os cristais (3 semanas).
Foi todo moi sinxelo. Só tivemos que ferver auga e engadirlle azucre (proporción 1 auga/3 azucre) xunto cunhas gotas de colorante, remover moito e deixar pendurados os paus (sen tocar o fondo nen as esquinas do recipiente) coa axuda dunhas pinzas.
Só quedaba esperar. A verdade é que un experimento a mar de fermoso.

mércores, 6 de febreiro de 2019

"Convivencia: Charla compostaxe"

Este pasado luns, as escolas de Vilameán, Seixo 3 e Aurora recibimos unha charla sobre "compostaxe" coa que aprendemos un montón.
Logo organizamos uns recunchos creativos, aproveitando o tema do reciclaxe; merendamos, compartimos e sobre todo disfrutamos da boa compañía. Grazas.



sábado, 2 de febreiro de 2019

"CONVIVENCIA DÍA DA PAZ"

Xornada máis que gratificante! Compartindo momentos que nos gustaría repetir sen dúbida. Simplemente grazas!