mércores, 29 de maio de 2019

O NOSO HORTO

O horto da Aurora leva funcionando dende outubro e case rematando o curso, dedicámoslle un tempo para plasmar neste pequeno proxecto todo o traballado e investigado ata o de agora: ciclo da pranta, distintas hortalizas e verduras (vocabulario, memori, conteo, adiviñas, por fóra e por dentro...), necesidades dunha pranta, debuxos, etc.
Todo esto sen esquecernos de todo o que xa levamos para a casa que nos proporcionou o noso fermoso horto: coliflores, repolos, porros, fabas, leitugas, fresas.....e á espera das cenoiras, allos, cebolas e tomates....


luns, 27 de maio de 2019

Cumpreanos Marila!

Este finde, Marila estivo de cumpreanos. Hoxe para festexalo fixemos pizza na escola e logo a papaaaar. Que rica estaba, non quedou nadiña!

xoves, 23 de maio de 2019

As flores

Todas as semanas temos floreros con distintas flores na clase. Despois de xogar cos seus nomes, debuxalas... tocaba ver as súas partes. Centrámonos nas partes xerais na manipulación pero logo observamos as partes da flor: tallo, cáliz, sépalos, corola, pistilo e estambres.

mércores, 22 de maio de 2019

Xogos grupais coa profe Rocio


Xogos no patio

Desta vez, aproveitando a gran cantidade de pedras que temos na rúa da nosa escola, elaboramos para o patio un labirinto co que nos divertimos un montón. Temos que andar a modiño porque podemos marearnos😆.

xoves, 16 de maio de 2019

"Desfrutando do premio"

Onte mércores pasamos o día completo na granxa escola "Corazón de Carballo" en Vilar, moi preto da nosa escola. Era o premio por ser uns dos gañadores no concurso "Creando rural".
Alí xunto con dúas escolas máis, tamén premiadas, desfrutamos dun día expléndido e cheo de emocións.
Grazas a tod@s os que o fixeron posible!!.







sábado, 11 de maio de 2019

"Coa primavera a voltas"

Seguimos coa primavera e coa investigación das flores. Desta vez, despois de realizar uns ramos, crearon o seu propio debuxo, traballaron cos seus nomes e por último, elaboramos perfumes (machacar os pétalos con unha parte de auga destilada, logo engadirlle tres partes de alcol e introducir nun frasco deixando macerar).


venres, 10 de maio de 2019

Artisteamos con sal

Como lles gusta artistear aos nenos da Aurora!!. Desta vez realizamos debuxos con cola, posteriormente cubrimos os debuxos con sal retirando o que sobra, por último cun goteiro imos coloreando (auga con colorante) os debuxos; deixamos secar e xa temos uns cadros do máis orixinais.

mércores, 8 de maio de 2019

Concurso "creando rural"

Este martes a nosa Alcaldesa, Sandra, achegouse a nosa escola, xunto cos representantes do concurso "Creando rural" para entregarnos un diploma como uns dos gañadores desta edición.
Agradecer unha vez máis a tod@s @s que nos apoiaron e sobre todo as familias sempre tan colaboradoras.
Agora só nos queda disfrutar do premio, índonos de excursión o vindeiro mércores á granxa escola "Corazón de Carballo" e pasalo fenomenal todo o día🤗

venres, 3 de maio de 2019

Concurso "Creando rural"

Na escola da Aurora estamos de noraboa. Acaban de comunicarnos que somos un dos gañadores do concurso co mural sobre reciclaxe.
Para a vindeira semana recibiremos un diploma e según as bases irémonos de excursión a unha granxa escola o 15 de maio.
Estamos moi emocionados e contentos co premio.

mércores, 1 de maio de 2019

"O patio e a primavera"

Nótaselle ao patio da Aurora a chegada da primavera. Rebosa de cores por todos os ocos: azaleas, tajetes, alegrias, lavanda, xeranios....
Grazas as familias pola súa colaboración unha vez máis.