domingo, 30 de setembro de 2018

sábado, 29 de setembro de 2018

Aprendemos xogando

Seguimos coas propostas de xogo manipulativo, ben no chan ou na mesa.

Xogos colectivos

Esta semana a profe Rocío propúxonos un xogo grupal que nos encantou: "a torre de madeira".
Escoitamos as normas do xogo e por quendas botamos o dado; con coidado manipulamos as pezas de cores para que non caera a torre.
Pasámolo xenial!.

xoves, 27 de setembro de 2018

PROXECTO "O mar"

Comezamos co proxecto anual "O mar". Como motivación temos a nosa mascota: o polbo "Yimi"( nome proposto e elexido por consenso).
Tamén, a partires, da esfera do mundo, comprobamos a gran cantidade de auga (representada de cor azul) que nos rodea, polo que decidimos facer un mural do fondo marino coas distintas tonalidades azuis que previamente manipulamos e organizamos.


martes, 25 de setembro de 2018

Manipulando distintos materiais

Comezamos xogando, explorando e manipulando o distinto material de aula xa que temos algunha cousa nova.

domingo, 23 de setembro de 2018

"Construímos unha casiña nova"

Que sinxelo é xogar e pasalo ben con só unhas caixas e imaxinación.
O resultado gustounos moito e pensamos disfrutala durante todo o curso!!

"De volta na escola"

Tod@s tiñamos ganas de voltar á escola. Estes primeiros días acollemos ao alumnado novo da Aurora: Martín e Martina que son un encanto e se adaptaron fenomenal.
Ademáis trouxemos "algo" que nos lembrase "ó verán". Aquí volos amosamos.