venres, 15 de decembro de 2017

OUTONO

Fai uns días comezou o outono. Esta fermosa estación chea de cores e sensacións daranos moito xogo na escola.
Hoxe quixemos sentir as cores do outono a través dos nosos pés e mans.
Somos uns artistas!!
 
Hoxe luns decidimos ir de exploradores polo parque tan fermoso que temos o carón da escola. A nosa misión era observar as cores, recoller follas de distinto tipo, examinar os froitos que atopamos e disfrutar da paisaxe.
Cadanseu coa súa cesta, foron recollendo todo o que pensaban relacionado co outono.
O tempo de sol acompañounos e ao final descansamos un anaquiño á sombra.
Quedamos en que mais adiante temos que volver a explorar para ver os cambios da estación.
 
 
 
UNHA MAREA DE CORES E FORMAS
Necesitamos:
Pratos de plástico
Leite enteira e desnatada
Colorante alimenticio (azul, vermello e amarelo)
Lavavaixelas
Bastonciño

Botamos un pouco de leite enteira nun prato e outro pouco de leite desnatada noutro (non dará o mesmo resultado debido ao contido de grasas). Engadimos unha gota de colorante de cada cor.
Agora untamos unha punta do bastonciño con lavavaixelas e tocamos a superficie do leite.
Que pasou?? Que formas mais chulas: estrelas, círculos grandes, pequenos, mestura de cores....
Esto é debido a que o leite manten concentrado o colorante debido ao contido de grasa e a tensión superficial pero o lavavaixelas rompe esa tensión creando unha morea de cores. 

venres, 8 de decembro de 2017

A CASTAÑA

OBSERVACION DE COMO LLE SAE A RAIZ A UNHA CASTAÑA

venres, 1 de decembro de 2017

 "CREAMOS UN SELLO DE ESPORAS DE SETAS!!
Necesitamos:
2 setas
folio branco
coitelo
bol de cristal para cubrir
 
Este experimento é moi sinxelo.
Primeiro observamos e analizamos as setas (que por fin sairon algunhas), como son, os tamaños, as cores,...... Logo co coitelo cortámoslle o talo e colocamos "os sombreiros" da seta enriba dun folio branco; tapamos co bol de cristal e..... toca esperar, a lo menos 12 horas; polo que nós decidimos que o luns nada máis entrar pola porta iremos ver que pasou!!
O resultado foi que as setas ao encontrarse nun ambiente idóneo, soltaron as súas esporas (son as que logo producen novas setas, como semillas) e formaron un selo.

mércores, 29 de novembro de 2017

Proxecto "O nome"

 PROXECTO "O NOME"
Comezamos a coñecer as letras a partires do noso nome e para os nenos que xa o sabían, afianzamos aprendizaxe.
En colaboracion coas familias, que realizaron, xunto c@s nen@s, a decoración da súa inicial, fixemos este fermoso mural.
Quedounos chulísimo!!
 
Seguimos traballando cos nomes dos nenos e profes da escola da aurora.
 
 
 

venres, 24 de novembro de 2017

CAPILARIDADE

 
 "EXPERIMENTO DE CAPILARIDADE: TRANSFERENCIA DE AUGA ENTRE VASOS"
Necesitamos:
3 vasos
papel de cociña
auga
colorantes das cores primarias: azul, vermello e amarelo
 
Botamos unha pouca de auga en cada vaso. Unhas gotiñas de colorante de cada cor en cada vaso. Fixemos 3 canutillos co papel de cociña. Metemos a punta dun canutillo no vaso de cor amarela e a outra punta no vaso de cor vermella; outro canutillo no vaso de cor vermella e no vaso de cor azul; e por último outro canutillo no vaso de cor azul e no vaso de cor amarelo.
Que pasará?'?
Sabemos que a auga vai subir polo papel de cociña xa que fixemos algún experimento deste tipo, pero que pasará coas cores?
Pois si, vaise producir unha mestura de cores estupenda!!
 

venres, 17 de novembro de 2017

O MEDO NA AURORA (2017)

Este xoves a mestra de atención educativa "Belén" xunto con Eric, metéronnos un pouco de medo co seu mostruo máxico (brilla na oscuridade).
Grazas Belén pola túa marabillosa imaxinación, ilusión e creatividade.
 
 
 
 
 

venres, 10 de novembro de 2017

POR QUE SE OSCURECEN AS MAZÁS AO CORTALAS?

 POR QUE SE OSCURECEN AS MAZÁS AO CORTALAS?
Necesitamos:
2 mazás
6 recipientes
papel de aluminio
auga
zume de limón
zume de laranxa
leite
 
Cortamos as mazás en catro trozos e pelámolas.
Un anaco utilizarémolo de control deixándoo nun recipiente sen facerlle nada.
Outro anaco envolverémolo en papel de aluminio. Outro, botarémoslle leite. Outro, con zume de limón. Outro con zume de laranxa . Outro, con auga e o derradeiro, botarémoslle leite.
Deixamos pasar una hora aproximadamente.
Que lle pasará a cada un dos anacos?
A nosa testa comeza a pensar e debatimos que lles pasará. Saben que o que queda como control vaise a poñer de cor marrón polo contacto co aire (oxidación), pero e os outros?.
Ao pasar o tempo imos ver que pasou. observamos a secuencia.
A que máis se oxidou foi a que non lle fixemos nada, logo por orden de máis a menos oxidación: auga, papel de aluminio, leite, zume de laranxa e o que mellor conserva á maza sen oxidarse é a que está dentro do zume de limón (moi bo antioxidante).

venres, 3 de novembro de 2017

SORPRESA DELICIOSA

Este pasado venres, tivemos una sorpresa "deliciosa" coa chegada do paquete das galletas. Primeiro contamos dez galletas para cada un pero logo aínda comemos cinco máis, total quince.
 "Non quedou ninguna"
 

xoves, 2 de novembro de 2017

CONVIVENCIA MAGOSTO-SAMAÍN EN AMORÍN

Onte martes todo o alumnado e profesorado do cra de Tomiño estivemos celebrando o "Magosto-Samaín" na escola de Amorín.
Todo estaba preparado para comezar ás 9:00h.

  • Exposición das cabazas decoradas de cada escola ( A da aurora tiña que ser un dino!!!).
  • Animación musical por parte do mestre de música "Martín".
  • Actuación da "Banda de Goián".
  • Actuación dos mestres, interpretando a canción de "Corre, corre cabaciña".
  • Disfrute de distintos xogos: enceste de castañas, pescar castañas, adiviña que pantasma é!, somos arqueólogos,....
  • Toca xa merendar. A anpa preparounos bocadillos de chourizos asados e castañas asadas!! Moitas grazas, estaba todo riquííísimo!!
  • E por último a xogar libremente polo patio inmenso da escola de Amorín. 
Tivemos moita sorte co tempo. Resultou un día outonal expléndido.

venres, 27 de outubro de 2017

RECUNCHOS 2017


AULA

 
 
 

A COR DAS PRANTAS

A COR DAS PRANTAS:
No reino vexetal podemos atoparnos con todos os matices e combinacións de cores, pero existe un predominio xeral das cores primarias: amarelo, vermello e azul. Estas cores veñen determinados polos chamados pigmentos.
 
Necesitamos:
3 vasos transparentes de plástico
colorantes azul, amarelo e vermello
3 follas de leituga
auga.
 
Botamos unha pouca auga en cada vaso, logo un chorriño de colorante ( nos botamos 10 gotas), en cada vaso unha cor diferente; e por último metemos unha folla de leituga en cada un.
Que pasará???? (Temos que esperar ata a última hora da mañá para ver algún resultado senón o luns verémolo por completo).
Pois pasou que cando fomos observar, cada leituga estaba da cor do colorante que lle botaramos, e por que?
Pois as prantas absorven a auga e así aliméntanse, polo que a auga encheu os pequenos tubiños dentro das follas da leituga.

mércores, 25 de outubro de 2017

DEGUSTACIÓN OUTONO

Os mércores toca "Froita" pero este mércores era especial. Ademáis da froita que nos trouxo o panadeiro: mandarina; tamén degustamos outras froitas típicas do outono: uvas, granada, noces, castañas, avelás e o kiwi teremos que probalo outro día porque aínda están algo duros....
 

venres, 13 de outubro de 2017

POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO?

POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO?
Necesitamos:
Follas de distintas cores
Un morteiro
Alcohol
vasos pequenos
un filtro do café
Buff, que cousas máis raras ten a profe enriba da mesa dos experimentos, para que serven?.
Despois de debater a utilidade dos materiais, cada un collemos unha folla de distinta cor: verde, amarela, marrón e vermella.
Rompemos as nosas follas en anacos pequenos. Un por un machacamos as nosas follas co morteiro, mesturándoas cun chorriño de alcohol. Logo botamos ese líquido "sucioooo" en cada vaso e metemos unha tira de papel do filtro nel.
Que pasará? Desta vez todos comentaron que os anacos de filtro ían cambiar á cor de cada folla. Que listos que son!!!!!
Tocaba esperar, e así foi, como eles dicían pero.....
Trátase de que as follas cambian de cor debido á reducción de horas de luz  porque o sol da con menos intendidade de cara o outono, dándonos unha cromatografía estupenda.

 

venres, 6 de outubro de 2017

MERENDAS

MERENDAS
 
O NOSO CALENDARIO DE MERENDAS É O SEGUINTE:
 
O proxecto das merendas que se leva a cabo en todas as escolas do CRA co que se pretende fomentar hábitos de hixiene, autonomía, responsabilidade, socialización, ect,  consiste en que:
  • Todas as mañás o panadeiro "Antonio" achégase pola escola da Aurora para deixarnos a merenda que corresponde cada día. (Previa reunión e consenso coas familias).
  • O/A encargado/a dese día, ábrelle a porta, saúdao e despídese con modais.
  • Chegada a hora de merendar, van lavar as mans e os/as encargados/as reparten os manteis individuais (decorados persoalmente por cada un), as bandexas de cores, servilletas e os vasos de plástico.
  • Agora toca ver que nos trouxo o panadeiro e traballar a lóxica matemática cos distintos alimentos (iogures, pan, fiambre, galletas, froita,...) a través de conceptos tales como: a metade, o conteo, partes dun todo,....
  • Repártese auga que nos trae gratuitamente o concello.
  • Comemos despacio e repasamos as normas da hora de comer ( limparse coa servilleta, masticar a modiño,....).
  • Cando rematamos, toca recoller; cada un limpa a súa bandexa e mantel e coloca todo na estantería adicada á merenda.
  • E por suposto, agora a "Lavar os dentes" co noso cepillo e pasta de dentes individual.
  • Cando temos cumpreanos, avisamos ao panadeiro que ese día non traía a merenda porque temos festa especial.
 

QUE PASA CANDO SE MOLLAN AS PIÑAS?

Xa que estamos no outono, imos empezar por algo propio desta estación:
  • QUE PASA CANDO SE MOLLAN AS PIÑAS?
Cando fixemos a saída polo entorno recollemos entre outras cousas "piñas". Todas elas estaban abertas e hoxe venres quedamos a pensar que pasaría si se mollasen.
Necesitabamos 3 recipientes transparentes, 3 piñas, auga quente e auga fría.
O proceso foi moi sinxelo:
Cada piña metémola nun recipiente. A un deles botámoslle auga quente, a outro auga fría e ao último non lle botamos nada.
E......... sabedes que pasou o cabo de dez minutiños aproximadamente......????
Os nen@ da aurora masaxearon a súa testa e dixeron que quizáis cambiaran de cor, que poderían convertirse en vermella,....en azul,.... en verde,.......
Pois non,...... que a piña que estaba con auga quente pechouse axiña, a que estaba en auga fría tamén se pechaba pero máis despaciño e a piña que non lle botamos nada quedou como estaba.
Que sorpresa!!!!!!
Pero e por que?
A profe explicounos que por "protección" das semillas que levan dentro e que darán froito a novas árbores. Mentras as semillas crecen, as escamas das piñas están pechadas e cando xa están maduras a piña ábrese e deixa saír as semillas; cando chove as piñas péchanse para evitar que as semillas caían no momento que non deben.
 

xoves, 5 de outubro de 2017

venres, 22 de setembro de 2017

PARABÉNS VERA E LÚA!

Xa cumpriron os seus respectivos 5 e 3 anos no verán pero que menos que celebrarllo cos seus compis de escola.
Hoxe o panadeiro non pasou pola escola da aurora porque tiñamos cumple. Vera e Lúa trouxeron gusanitos, patatillas, palomitas, pan e nocilla.
As cumpreañeiras decoraron a súa coroa, inflamos globos, os demais compañeiros agasallámolas cuns debuxos, cantamos e disfrutamos todos xuntos desta xornada.
Pasámolo xenial!!!