Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO "O MAR". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO "O MAR". Amosar todas as publicacións

martes, 2 de abril de 2019

"Saída a Guardia"

Hoxe martes pasamos un espléndido día de primavera na Guardia, xunto coas escolas de Barro, Vilameán, Vilachán, Forcadela, Taborda e Seixo 1.
Xogamos e aprendemos un montón de cousas coas Redeiras( ensartamos bollas nas cordas e observamos distintas artes de pesca: redes e nasas), no Porto e na Lonxa (vimos percebes recén collidos, aprendemos como se subasta, etc) e por último no mercado voltamos a observar distintas clases de peixes. Non podemos olvidarnos da merenda tan rica que nos tiñan preparada as chicas de "O sabor da aventura está no mar": croquetas de pescada e pizza mariñeira. Xenial





xoves, 14 de marzo de 2019

O pintor "Luis Seoane"

Neste segundo trimestre, estivemos observando, analizando e experimentando coas obras de Luis Seoane. Coma Urbano Lugrís, tamén se caracteriza por pintar "O mar".
Aquí vos deixamos algunha mostra para que vexades que artistas estamos feitos na Aurora.


sábado, 23 de febreiro de 2019

"Buceando"

Onte venres, a mamá de Eric, Mila, estivo na nosa escola para darnos a coñecer un pouco o mundo do "buceo".
O padriño de Eric, Isaac, fai buceo a pulmón e deixounos o seu traxe de neopreno, os escarpines, as aletas, as gafas, ..... en fin todo o necesario para sumerxirse no mar sen perigos.
Completamos a vivencia con fotos das súas pescas.
Moitas grazas ISAAC,MILA E ERIC por compartir cos nen@s da Aurora o marabilloso mundo do buceo.



sábado, 8 de decembro de 2018

mércores, 28 de novembro de 2018

"O PINTOR DO MAR"

Esta pasada semana comezamos a observar e analizar algunhas das obras de "Urbano Lugris".
As súas obras gustáronnos moito, xa non só pola temática que trata (o mar), senón polas súas cores, os seres fantásticos que recrea,.....
Entre os que vimos, dous foron os elexidos para facer a nosa propia obra: "Leyenda marina" e "Sin título" ( decidimos chamalo "A balea").
Temos pendente un terceiro cadro que xa vos contaremos máis adiante.

xoves, 22 de novembro de 2018

" Os peixes"

Seguimos "Amando o mar", nesta ocasión elaboramos un banco de peixes con rollos de papel hixiénico, decoramos e pintamos libremente.

martes, 6 de novembro de 2018

martes, 30 de outubro de 2018

"O polbo"

Moito nos gusta aprender e investigar sobre os animais mariños, en particular "o polbo" fixonos moita ilusión por ser a mascota da aula.
Aquí vos deixamos unha das actividades que fixemos sobre el.

mércores, 24 de outubro de 2018

venres, 19 de outubro de 2018

"As estrelas de mar"

Aprendemos un montón das estrelas de mar e que mellor maneira que facer as nosas propias.

martes, 16 de outubro de 2018

"As medusas ou quenllas"

Seguimos enchendo o noso fondo mariño. Con material de refugallo elaboramos unhas quenllas moi chulas. Así nos quedaron, tende coidado de que non vos piquen!!


xoves, 11 de outubro de 2018

"OS CORAIS"

Seguimos investigando o fondo mariño. Desta vez centrámonos nos corais. Observamos e manipulamos un coral de verdade e posteriormente elaboramos o noso propio que quedou estupendo no noso mural.

mércores, 10 de outubro de 2018

"Preguntámonos ????

Sabemos moitas cousas do mar pero facémonos igualmente un montón de preguntas que ao longo do ano, investigando na escola e coa axuda das familias, iremos respondendo.

luns, 8 de outubro de 2018

"As esponxas mariñas"

Comezamos a investigar diferentes seres vivos que habitan no fondo do mar. Despois de observar, manipular e comparar unha esponxa marina e unha esponxa de baño, decidimos realizar trasvases de auga. Disfrutamos un montón.

xoves, 27 de setembro de 2018

PROXECTO "O mar"

Comezamos co proxecto anual "O mar". Como motivación temos a nosa mascota: o polbo "Yimi"( nome proposto e elexido por consenso).
Tamén, a partires, da esfera do mundo, comprobamos a gran cantidade de auga (representada de cor azul) que nos rodea, polo que decidimos facer un mural do fondo marino coas distintas tonalidades azuis que previamente manipulamos e organizamos.