martes, 27 de marzo de 2018

REFORESTACIÓN "RÍO DA PEDRA"

"REFORESTACIÓN NO RÍO DA PEDRA"
Foi un día estupendo e o sol acompañounos dende a primeira hora.
En outubro na Aurora fixemos un semilleiro de castañas e landras, agora xa moi grandes levámolas ao río da pedra para que alí medren mellor.
De novo outra convivencia con todo o alumnado do CRA marabillosa. 
 
 

venres, 23 de marzo de 2018

CLAVELINAS DE CORES

CLAVELINAS DE CORES
Necesitamos:
Clavelinas brancas
Botes de cristal
Auga
Colorante

Xa fixeramos algún experimento de capilaridade pero coa chegada da primavera, queríamos facer algo con flores.
Botamos auga nos recipientes, engadimos colorante de distintas cores en cada un deles. Finalmente, metemos varias clavelinas en cada recipiente. Agora a esperar que pasa. Todos sabiamos que as clavelinas brancas ían a cambiar de cor pero queríamos velas. Así foi o resultado.
 

martes, 20 de marzo de 2018

PATRIMONIO

"PATRIMONIO"
Cando decidimos traballar o noso patrimonio cultural máis próximo no Cra,  dende a escola da Aurora tiñamos claro que íamos investigar a nosa fermosa escola.
Aproveitando un día de sol de finais de marzo, saímos coas mesas e cadeiras para fóra e a debuxarrrrr!
Que ben o pasamos contando as fiestras, as portas, cores,.....incluso démonos conta que temos una chimenea!. Logo grazas a aportación da mamá de Vera con diferente información impresa da traxectoria da nosa escola, así quedou o noso cartel. Esperemos que vos guste!!
 

venres, 16 de marzo de 2018

O INVERNO

COMEZA O INVERNO!
 
 

martes, 13 de marzo de 2018

APRENDEMOS MANIPULANDO

  
 
 
 
Hoxe pasámolo xenial facendo trasvases con auga de cores primarias. Para elo, utilizamos pipetas e jeringuillas; rápidamente aprendemos a manexalas.
 
 
 
 

venres, 9 de marzo de 2018

NICOLÁS PROTAGONISTA!!

Esta semana temos a Nicolás de protagonista. Os seus pais, Esther e Luis, achegáronse á Aurora para contarnos un montón de cousas sobre el a partires dunha presentación. Dende pequeno foi un solete e querémolo un montón.
Moitas grazas, Esther e Luis por acompañarnos na escola e darnos a coñecer as diferentes facetas do noso adorable Nico.

venres, 2 de marzo de 2018

BOTELLAS DA CALMA

BOTELLAS DA CALMA
Necesitamos:
Botellas de plástico
Embudo
Auga templada
Xel fixador
Purpurina de cores

Xa facemos moito uso do noso "Recuncho da calma" pero queremos seguir completándoo con cousas feitas por nós.
Botamos con axuda do embudo, auga templada nunha botella. Mesturámoslle un pouco de xel fixador e batemos con forza. Logo enchemos con máis auga e botamos purpurina da cor elexida. Volta a bater e xa está preparada a botella da calma. Bueno decoramos con rotuladores permanente.
 

CÍRCULOS DE CROMATOGRAFÍA

CÍRCULOS DE CROMATOGRAFÍA CON ROTULADORES

xoves, 1 de marzo de 2018