venres, 16 de febreiro de 2018

BOLAS ANTIESTRÉS

BOLAS ANTIESTRÉS
Necesitamos:
3 globos
Fariña
Arroz
Botella pequeña de boca ancha
Embudo
Tesouras

Estivemos pensando, que as veces necesitamos relaxarnos un pouco, ben porque nos enfadamos ou porque simplemente a tranquilidade é necesaria na nosa vida cotiá. Por iso decidimos elaborar unha bolas antiestrés que colocaremos no noso "Rincón da calma".
Comezamos elixindo as cores dos globos que cada un quería para a súa bola. Coa axuda dun embudo botamos dentro da botella ou a fariña ou arroz, logo colocamos o globo un pouco inflado na boca da botella e démoslle a volta para que a fariña ou o arroz quedase dentro do globo.
Para quitarlle o aire, abrimos lixeiramente o globo ( porque se o facemos moi rápido a fariña sae despedida por fóra), rímonos un pouco porque o globo facía ruido como de silbato, je,je.
Cortamos a parte de arriba dos globos e estiramos un globo por riba do outro, de xeito que fomos tapando o buraco do primeiro globo.
Xa está!!! Agora tocaba decoralos con rotulador permanente. Acordamos que cada vez que nos sintamos un pouco estresados colleremos as nosas bolas e nos tranquilizaremos pensando en cousas bonitas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario