PROXECTO DINOSAURIOS
Alguén entrou este mércores na escola da Aurora e deixou unhas pegadas. Rápidamente puxémonos a investigar coa axuda da tablet de quen podían ser.
Despois de comparar varias pegadas, chegamos a conclusión de que era de "Dinosaurio Rex". Bufff, que viría facer a nosa escola? Esperamos que moi pronto sepamos algo máis....
Como xa sabedes, un dinosaurio entrou na nosa escola esta semana deixando unhas pegadas. Pois ben, a nosa seguinte sorpresa este venres, foi encontrarnos na aula unha caixa grande cunha nota que nos explicaba: son un dinosaurio Rex, chámome "Poli" e quérovos dar as grazas por deixarme a vosa escola para quentarme estes días de tanto frio.
Ao abrir a caixa encontrámonos con un montón de material que nos servirá para seguir investigando sobre a familia dos dinosaurios.
Xa nos puxemos mans a obra, pensando o "Que sabemos" e "o que queremos saber" sobre os dinosaurios.
Coas aportacións das familias e co que nos deixou "Poli" fixemos un recuncho investigador e informativo estupendo. Moitas grazas a todos.
De novo outra sorpresa, desta vez, veu a visitarnos a mamá de Poli para darnos as grazas por ser amigos do seu fillo. Pasamos unhas risas con ela.
GRAZAS, PROFE CAROLINA.
PEGADAS DE DINOS CON PLASTILINA
PUZZLEAMOS COS DINOS
O experimento deste venres non podía ser outro que elaborar con masa de sal e crear pegadas e fósiles que deixaremos secar e logo pintaremos. Pasámolo fenomenal amasando.
Nova sorpresa na aurora!!.
Tivemos unha cría de dinosaurio, investigamos que tipo de dino era e concluímos: un Anquilosaurio
Grazas profe Carolina por traernos
ese ovo máxico!
"CHEGOU O ENTROIDO"
Como xa sabedes, achégase o entroido. O venres todo o cra convertirase no cadro das "Meninas" de Velázquez. Pero na aurora non podiamos quedar sen disfrazarnos de dinosaurios. Estamos guapiiiiisimos!!
CREAMOS UN "OVO DE DINOSAURIO"
MAPA CONCEPTUAL DO PROXECTO
XA TEMOS O NOSO PECULIAR PHOTOCOLL DE DINOS
MOITAS GRAZAS A TOD@S OS MESTR@S POR CONVERTIRSE EN DINOS POR UN INTRE.
Despois de moito masaxear a testa para que saíran as ideas, así quedou o noso conto de dinosaurios da Aurora.
Este trimestre, como ben sabedes, estivemos na Aurora a volta cos "dinosaurios".
Queremos compartir con tod@s o noso produto final deste marabilloso proxecto, co que estivemos motivados en todo momento e aprendemos un montón.
Grazas pola colaboración das familias e de tod@s @s mestr@s.
Fai clik na imaxe