Necesitamos:
Bote alto transparente
Auga
Aceite
Colorante
Pastilla efervescente
Linterna do móbil
Botamos auga no recipiente alto ata a metade. Logo engadímoslle colorante da cor que se queira e mesturamos ben. Despois engadimos aceite ata arriba. Que pasa?..... o aceite queda arriba, por máis que o misturamos volve quedar arriba. Por qué? Pois o aceite pesa menos que a auga e por iso flota.
Colocamos unha linterna por debaixo do recipiente e engadimos unha pastilla efervencente. O efecto é moi fermoso, creanse unhas burbullas que o aceite parece lava.
Este experimento encantounos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario