venres, 11 de maio de 2018

CHARLA BUCODENTAL

Hoxe a madriña de Vera, "Tania", ensinounos como debemos lavarnos os dentes. A súa profesión é higienista dental e tamén estudou na escola da Aurora cando era pequena.
 Coa axuda dunha boca xigante observamos e practicamos como o cepillo,de xeito circular e despacio, limpa os dentes na súa parte exterior; logo internamente, de atrás para diante. Na Aurora xa lavabamos sempre despois da merenda os dentes pero non o faciamos de todo ben.
Agasallounos cun cepillo de dentes, pasta e enxuages para cada un. Agora só queda poñer en práctica todos os días todo o aprendido nesta grata sesión.
Moitíííísimas grazas Tania.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario