luns, 15 de outubro de 2018

"Cumpreanos da profe Cris"

Que día tan feliz para a profe!! Que mellor maneira de cumprir anos que festexalo na escola cos teus peques!!.
Queríamos estrear o novo forno que temos na Aurora (trouxérono os papás de Martina, mil grazas!) e para elo decidimos preparar minipizzas.
Primeiro anotamos todo o que necesitabamos (masa, queixo, xamón, tomate, atún,....) e logo mans á obra. Cortamos, amasamos e colocamos cadanseu o que quixo. Por último ao forno, un pouco de paciencia e..... a comerrrr. Ríquísimas, sobraron uns anacos cos que convidamos ás familias á saída.
Moitas grazas a tod@s. Un día para lembrar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario