venres, 2 de marzo de 2018

BOTELLAS DA CALMA

BOTELLAS DA CALMA
Necesitamos:
Botellas de plástico
Embudo
Auga templada
Xel fixador
Purpurina de cores

Xa facemos moito uso do noso "Recuncho da calma" pero queremos seguir completándoo con cousas feitas por nós.
Botamos con axuda do embudo, auga templada nunha botella. Mesturámoslle un pouco de xel fixador e batemos con forza. Logo enchemos con máis auga e botamos purpurina da cor elexida. Volta a bater e xa está preparada a botella da calma. Bueno decoramos con rotuladores permanente.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario