venres, 23 de marzo de 2018

CLAVELINAS DE CORES

CLAVELINAS DE CORES
Necesitamos:
Clavelinas brancas
Botes de cristal
Auga
Colorante

Xa fixeramos algún experimento de capilaridade pero coa chegada da primavera, queríamos facer algo con flores.
Botamos auga nos recipientes, engadimos colorante de distintas cores en cada un deles. Finalmente, metemos varias clavelinas en cada recipiente. Agora a esperar que pasa. Todos sabiamos que as clavelinas brancas ían a cambiar de cor pero queríamos velas. Así foi o resultado.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario