domingo, 10 de xuño de 2018

"CREARTE NA ESCOLA DE VILAMEÁN"
A primeira convivencia de Crearte en Vilameán estivo cargada de ilusión e ledicia. Os nenos da Aurora formaron grupo cos de Vilaméan e Seixo 2. Xuntos pasamos unha xornada do máis entretida elaborando o noso propio cadro de Miró, que foi utilizado despois como decorado no festival de Nadal.

"2º XORNADA DE CREARTE (ESCOLAS DE BARRO, ESTÁS E AURORA)"
 
Creamos con laca de uñas
Só necesitamos un lienzo, auga e diferentes cores de laca de uñas. Cada cadro é diferente e orixinal. Somos uns artistas!!
 
Xa temos cabaletes novos para deixar voar a nosa imaxinación.




 
Cos fermosos círculos que obtivemos a partires do experimento do venres pasado, creamos a nosa propia composición. Mirade que chulas
 
Seguimos creando!! Desta vez coa emoción do amor o máis apropiado é o cadro de Gustav klim "El beso". Quedounos moi orixinal
 
 
"ARTISTEAMOS" CON BURIAN ZDERĚK

Coa chegada da primavera, artisteamos con "Van Gogh" e o cadro dos "Girasoles" coa técnica do estampado.

Seguimos artisteando na Aurora. Desta vez coa emoción da "Alegría", traballamos a "Miró".
 

Seguimos coa alegría e coa primaveira, e que mellor representación que o cadro de klim "El árbol de la vida". (Pintamos con dedo e pegamos botóns)
 
Este venres, experimentamos coas cores e cun aparello que non coñeciamos moito: unha centrifugadora de leitugas". Pasámolo xenial dándolle con toda a forza que podiamos. Saíronnos uns cadros chulísimos. Outro día probarémola con outro material que non sexa papel. Xa vos contaremos.
 
Temos novo material natural na aula. Hoxe decidimos facer torres, outro día veremos que se nos ocurre.
 
Coa chegada da primavera todo son flores. Como na aurora nos encanta pintar, desta vez fixemos un fermosos tulipáns con tenedores. Ademáis de pasalo xenial, decoramos as ventanas da aula de psicomotricidade. Esperamos que vos guste.
 
A través do conto "Unha chea de familias", decidimos agasallar cadanseu á súa coa elaboración dun marco onde puxemos a foto de familia que dende o periodo de adaptación nos acompañaba na aula.
Así nos quedaron. Grazas familias por estar sempre ahí.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario