HORTO ESCOLAR
A espera do horto exterior, decidimos comezar cunha pequena plantación de landras e castañas no interior, dada a nosa participación no proxecto de centro "Voz natura".
Para elo, reciclamos brick de leite cortados á metade, fixémoslle un buraco no fondo para que cando saía a raíz poida chupar a auga que lle iremos botando aos poucos; e por suposto deixámoslle moita luz colocándoas nas fiestras.
Agora só queda esperar que xerminen!! Un pouco de paciencia!!
Na aurora estamos super contentos porque xa brotaron algúns castiñeiros da nosa plantación.
Esperamos que sigan saíndo e crecendo. Seguiremos dándolle moito cariño.
Onte decidimos que xa era hora de que @s encargad@s de regar levaran a cabo a súa responsabilidade. Primeiro decoramos as macetas con rotuladores e gomets, logo necesitabamos terra, semillas ou prantas e auga.Con todo preparado, comezamos; agora so nos falta que medren, xa estamos moi impacientes!!!
Comezamos e poñemos en marcha o noso peculiar HORTO ESCOLAR EXTERIOR
Despois de investigar que podiamos prantar nesta época do ano, decidimos que os allos e as berzas aguantarán o frio sen problema. Como tamén nos deran unhas sementes de guisantes, aproveitamos.
Logo fixemos uns carteis para identificar o prantado en cada rego.
Estaremos pendentes de regar, sacar as malas herbas e ver se empeza a crecer algo.
Seguiremos informando.
Nesta semana de bo tempo, seguimos poñendo o noso horto a punto.
E seguimos prantando, desta vez: cenorias, cebolas e leitugas
Hoxe estivemos arrancando algunha herba e aproveitamos o día que non chove para abonar con "caca de cabalo" para que a nosa plantación saia moi forte.
"Moitiiiiiiííísimas grazas aos papás de Unai por traernos o abono"
Ningún comentario:
Publicar un comentario