O mércores desplazámonos á escola de Estás onde nos esperaban cos brazos abertos tanto o seu alumnado: Laura, Leo, Iker, ... como as súas marabillosas mestras: Lara e Aurora.
A xornada discurríu sen darnos conta nun abrir e pechar de ollos, convivindo e compartindo experiencias, elaborando galletas de manteiga no forno (non quedou nin a proba logo da merenda), estampando con témpera as escamas dos peixes, decorando cunchas, bailando, xogando,.... Tivemos a colaboración da mestra Rocío que fixo de cociñeira oficial.
Xa temos ganas de repetir, agora teñen que vir eles á Aurora e facer nós de anfitrións.
Moitíiiiiííiiíisimas grazas a tod@s!!
Pasámolo xenial !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario