Este curso intentaremos facer experimentos no que o principal ingrediente sexa a auga, xa que estamos co proxecto do "mar".
Hoxe necesitabamos: 2 recipientes, auga, sal e 2 ovos.
Enchemos os dous recipientes de auga, nun deles botamos sal e remexemos. Metemos un ovo en cadanseu recipiente..... e a nosa sorpresa foi que o ovo do recipiente con sal flotaba.
Pensamos que eran ovos diferentes e probamos a cambialos de recipiente pero o ovo que metiamos no recipiente con sal, flotaba sempre... e por que?
Pois porque o sal fai que a auga pese máis e polo tanto o ovo flota (densidade da auga). En cambio onde só hai auga, o ovo é o que pesa máis e afúndese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario