No reino vexetal podemos atoparnos con todos os matices e combinacións de cores, pero existe un predominio xeral das cores primarias: amarelo, vermello e azul. Estas cores veñen determinados polos chamados pigmentos.
Necesitamos:
3 vasos transparentes de plástico
colorantes azul, amarelo e vermello
3 follas de leituga
auga.
Botamos unha pouca auga en cada vaso, logo un chorriño de colorante ( nos botamos 10 gotas), en cada vaso unha cor diferente; e por último metemos unha folla de leituga en cada un.
Que pasará???? (Temos que esperar ata a última hora da mañá para ver algún resultado senón o luns verémolo por completo).
Pois pasou que cando fomos observar, cada leituga estaba da cor do colorante que lle botaramos, e por que?
Pois as prantas absorven a auga e así aliméntanse, polo que a auga encheu os pequenos tubiños dentro das follas da leituga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario