MERENDAS
O NOSO CALENDARIO DE MERENDAS É O SEGUINTE:
O proxecto das merendas que se leva a cabo en todas as escolas do CRA co que se pretende fomentar hábitos de hixiene, autonomía, responsabilidade, socialización, ect, consiste en que:
- Todas as mañás o panadeiro "Antonio" achégase pola escola da Aurora para deixarnos a merenda que corresponde cada día. (Previa reunión e consenso coas familias).
- O/A encargado/a dese día, ábrelle a porta, saúdao e despídese con modais.
- Chegada a hora de merendar, van lavar as mans e os/as encargados/as reparten os manteis individuais (decorados persoalmente por cada un), as bandexas de cores, servilletas e os vasos de plástico.
- Agora toca ver que nos trouxo o panadeiro e traballar a lóxica matemática cos distintos alimentos (iogures, pan, fiambre, galletas, froita,...) a través de conceptos tales como: a metade, o conteo, partes dun todo,....
- Repártese auga que nos trae gratuitamente o concello.
- Comemos despacio e repasamos as normas da hora de comer ( limparse coa servilleta, masticar a modiño,....).
- Cando rematamos, toca recoller; cada un limpa a súa bandexa e mantel e coloca todo na estantería adicada á merenda.
- E por suposto, agora a "Lavar os dentes" co noso cepillo e pasta de dentes individual.
- Cando temos cumpreanos, avisamos ao panadeiro que ese día non traía a merenda porque temos festa especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario