venres, 6 de outubro de 2017

QUE PASA CANDO SE MOLLAN AS PIÑAS?

Xa que estamos no outono, imos empezar por algo propio desta estación:
  • QUE PASA CANDO SE MOLLAN AS PIÑAS?
Cando fixemos a saída polo entorno recollemos entre outras cousas "piñas". Todas elas estaban abertas e hoxe venres quedamos a pensar que pasaría si se mollasen.
Necesitabamos 3 recipientes transparentes, 3 piñas, auga quente e auga fría.
O proceso foi moi sinxelo:
Cada piña metémola nun recipiente. A un deles botámoslle auga quente, a outro auga fría e ao último non lle botamos nada.
E......... sabedes que pasou o cabo de dez minutiños aproximadamente......????
Os nen@ da aurora masaxearon a súa testa e dixeron que quizáis cambiaran de cor, que poderían convertirse en vermella,....en azul,.... en verde,.......
Pois non,...... que a piña que estaba con auga quente pechouse axiña, a que estaba en auga fría tamén se pechaba pero máis despaciño e a piña que non lle botamos nada quedou como estaba.
Que sorpresa!!!!!!
Pero e por que?
A profe explicounos que por "protección" das semillas que levan dentro e que darán froito a novas árbores. Mentras as semillas crecen, as escamas das piñas están pechadas e cando xa están maduras a piña ábrese e deixa saír as semillas; cando chove as piñas péchanse para evitar que as semillas caían no momento que non deben.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario