xoves, 23 de novembro de 2017

luns, 20 de novembro de 2017

luns, 13 de novembro de 2017

venres, 10 de novembro de 2017

"A nosa pequena plantación"

A espera do horto exterior, decidimos comezar cunha pequena plantación de landras e castañas no interior, dada a nosa participación no proxecto de centro "Voz natura".
Para elo, reciclamos brick de leite cortados á metade, fixémoslle un buraco no fondo para que cando saía a raíz poida chupar a auga que lle iremos botando aos poucos; e por suposto deixámoslle moita luz colocándoas nas fiestras.
Agora só queda esperar que xerminen!! Un pouco de paciencia!!

mércores, 1 de novembro de 2017

Festa magosto-samaín en Amorín

Onte martes todo o alumnado e profesorado do cra de Tomiño estivemos celebrando o "Magosto-Samaín" na escola de Amorín.
Todo estaba preparado para comezar ás 9:00h.

  • Exposición das cabazas decoradas de cada escola ( A da aurora tiña que ser un dino!!!).
  • Animación musical por parte do mestre de música "Martín".
  • Actuación da "Banda de Goián".
  • Actuación dos mestres, interpretando a canción de "Corre, corre cabaciña".
  • Disfrute de distintos xogos: enceste de castañas, pescar castañas, adiviña que pantasma é!, somos arqueólogos,....
  • Toca xa merendar. A anpa preparounos bocadillos de chourizos asados e castañas asadas!! Moitas grazas, estaba todo riquííísimo!!
  • E por último a xogar libremente polo patio inmenso da escola de Amorín. 
Tivemos moita sorte co tempo. Resultou un día outonal expléndido.

domingo, 29 de outubro de 2017

Que medo!!

Este xoves a mestra de atención educativa "Belén" xunto con Eric, metéronnos un pouco de medo co seu mostruo máxico (brilla na oscuridade).
Grazas Belén pola túa marabillosa imaxinación, ilusión e creatividade.

sábado, 28 de outubro de 2017

Día das bibliotecas escolares

Este pasado martes 24 de outubro celebrábase o "Día das bibliotecas escolares". Dende o equipo propúxose unha interesante actividade:
  • Visionado e comentario do video: "Los libros voladores del señor Morris Lessmore"
  • A partires do cartel deste ano das bibliotecas, analizalo e extraer as ideas fundamentais do que observamos. Asemade expresar que é para eles una biblioteca, se lles gusta, etc.
Así nos quedou o noso análise do cartel


mércores, 25 de outubro de 2017

venres, 20 de outubro de 2017

mércores, 18 de outubro de 2017

sábado, 14 de outubro de 2017

xoves, 12 de outubro de 2017

luns, 9 de outubro de 2017

venres, 6 de outubro de 2017

Seguimos traballando cos nomes dos nenos e profes da escola da aurora.

mércores, 4 de outubro de 2017

Somos uns artistas!!

Xa temos cabaletes novos para deixar voar a nosa imaxinación.

PLANTAMOS EN MACETAS

Onte decidimos que xa era hora de que @s encargad@s de regar levaran a cabo a súa responsabilidade. Primeiro decoramos as macetas con rotuladores e gomets, logo necesitabamos terra, semillas ou prantas e auga.Con todo preparado, comezamos; agora so nos falta que medren, xa estamos moi impacientes!!!

luns, 2 de outubro de 2017

SAÍDA DE OUTONO

Hoxe luns decidimos ir de exploradores polo parque tan fermoso que temos o carón da escola. A nosa misión era observar as cores, recoller follas de distinto tipo, examinar os froitos que atopamos e disfrutar da paisaxe.
Cadanseu coa súa cesta, foron recollendo todo o que pensaban relacionado co outono.
O tempo de sol acompañounos e ao final descansamos un anaquiño á sombra.
Quedamos en que mais adiante temos que volver a explorar para ver os cambios da estación.


venres, 29 de setembro de 2017

O outono

Fai uns días comezou o outono. Esta fermosa estación chea de cores e sensacións daranos moito xogo na escola.
Hoxe quixemos sentir as cores do outono a través dos nosos pés e mans.
Somos uns artistas!!





luns, 25 de setembro de 2017

CUMPREANOS VERA E LÚA

Xa cumpriron os seus respectivos 5 e 3 anos no verán pero que menos que celebrarllo cos seus compis de escola.
Hoxe o panadeiro non pasou pola escola da aurora porque tiñamos cumple. Vera e Lúa trouxeron gusanitos, patatillas, palomitas, pan e nocilla.
As cumpreañeiras decoraron a súa coroa, inflamos globos, os demais compañeiros agasallámolas cuns debuxos, cantamos e disfrutamos todos xuntos desta xornada.
Pasámolo xenial!!!

"O NOSO NOME"

Comezamos a coñecer as letras a partires do noso nome e para os nenos que xa o sabían, afianzamos aprendizaxe.
En colaboracion coas familias, que realizaron, xunto c@s nen@s, a decoración da súa inicial, fixemos este fermoso mural.
Quedounos chulísimo!!

sábado, 23 de setembro de 2017

xoves, 14 de setembro de 2017

sábado, 9 de setembro de 2017

BENVIDOS AO CURSO 2017/18

Ola a tod@s!
Xa estamos preparados para comezar este novo curso con moita ilusión e ledicia.
Esperámosvos o próximo martes 12 de setembro para explorar, investigar, xogar e pásalo ben na nosa escola!