xoves, 20 de decembro de 2018

"Cociñamos"

Para despedir estas datas navideñas, decidimos facer unha receita de "galletas". Anotamos ingredientes e cantidades, pesamos, amasamos, decoramos e ao forno; para a hora da merenda xa estaban listas. Deliciosassss!!! Á saída fixemos unha pequena degustación cos papis.

sábado, 15 de decembro de 2018

sábado, 8 de decembro de 2018

xoves, 6 de decembro de 2018

Disólvense ou non en auga?

Esta semana o experimento que levamos a cabo implicou diferentes tarefas: manipulación de sustancias (fariña, chocolate, arroz, azucre, mel..), formular hipótesis sobre si se disolven en auga ou non, observación das sustancias en auga e recollida de datos dos resultados.



sábado, 1 de decembro de 2018

"Medra o horto"

Da gusto ver o horto da Aurora. As coles, coliflores, o brécol, porros e leitugas seguen medrando, pero ademáis esta semana prantamos allos, chícharos e fabas.
Esperamos, en breve, velos medrar tamén.


venres, 30 de novembro de 2018

Máis propostas...

E seguimos coas propostas, tanta grupais como individuais, relacionadas coas distintas áreas.




xoves, 29 de novembro de 2018

"Experimentando cun cueiro"

Todo comezou falando de que xa somos moi maiores e xa non utilizamos cueiro como os bebés. Asique decidimos investigar canto pis (no noso caso, canta auga) pode absorber e ademáis que pasa con esa auga.
Necesitamos: Botella de auga, cueiro, báscula, papel e lápiz para a recollida do acontecido.
Pesamos primeiro o cueiro seco. Logo engadimos auga e máis auga (por un intre todos pensamos que non íamos parar xa que o cueiro seguía e seguía absorbendo, je,je). Pesamos o cueiro mollado e por último abrímolo para ver que pasara con toda aquela auga. Que ilusión ao ver aquela especie de neve coa que estivemos xogando un bo rato.


mércores, 28 de novembro de 2018

"O PINTOR DO MAR"

Esta pasada semana comezamos a observar e analizar algunhas das obras de "Urbano Lugris".
As súas obras gustáronnos moito, xa non só pola temática que trata (o mar), senón polas súas cores, os seres fantásticos que recrea,.....
Entre os que vimos, dous foron os elexidos para facer a nosa propia obra: "Leyenda marina" e "Sin título" ( decidimos chamalo "A balea").
Temos pendente un terceiro cadro que xa vos contaremos máis adiante.

venres, 23 de novembro de 2018

"Convivencia Estás-Aurora"

O mércores desplazámonos á escola de Estás onde nos esperaban cos brazos abertos tanto o seu alumnado: Laura, Leo, Iker, ... como as súas marabillosas mestras: Lara e Aurora.
A xornada discurríu sen darnos conta nun abrir e pechar de ollos, convivindo e compartindo experiencias, elaborando galletas de manteiga no forno (non quedou nin a proba logo da merenda), estampando con témpera as escamas dos peixes, decorando cunchas, bailando, xogando,....  Tivemos a colaboración da mestra Rocío que fixo de cociñeira oficial.
Xa temos ganas de repetir, agora teñen que vir eles á Aurora e facer nós de anfitrións.





Moitíiiiiííiiíisimas grazas a tod@s!!
 Pasámolo xenial !!!

xoves, 22 de novembro de 2018

" Os peixes"

Seguimos "Amando o mar", nesta ocasión elaboramos un banco de peixes con rollos de papel hixiénico, decoramos e pintamos libremente.

Exercicios de soplo


venres, 16 de novembro de 2018

"Por que flota?"

Este curso intentaremos facer experimentos no que o principal ingrediente sexa a auga, xa que estamos co proxecto do "mar".
Hoxe necesitabamos: 2 recipientes, auga, sal e 2 ovos.
Enchemos os dous recipientes de auga, nun deles botamos sal e remexemos. Metemos un ovo en cadanseu recipiente..... e a nosa sorpresa foi que o ovo do recipiente con sal flotaba.
Pensamos que eran ovos diferentes e probamos a cambialos de recipiente pero o ovo que metiamos no recipiente con sal, flotaba sempre... e por que?
Pois porque o sal fai que a auga pese máis e polo tanto o ovo flota (densidade da auga). En cambio onde só hai auga, o ovo é o que pesa máis e afúndese.


xoves, 15 de novembro de 2018

Creando

Que ben o pasamos creando!. Despois de facer mandalas con materiais naturais, deixamos voar a imaxinación con outro material non estructurado. Somos uns artistas!

Xogos grupais

Todos os mércores, a profe Rocio, xoga conosco con diferente material manipulativo en gran grupo ou pequeno grupo. Traballamos moitas cousas: respetar quendas, observación, ....

mércores, 14 de novembro de 2018

"Convivencia "CREARTE"

Onte disfrutamos a tope na escola de Vilameán, noutra marabillosa xornada de "Crearte", xunto coas escolas de Carregal e Seixo 1.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra

sábado, 10 de novembro de 2018

"Cumpreanos de Martín"

Este venres estivemos de celebración na Aurora, Martín cumpría 3 aniños.
Ademáis de festexalo con merenda especial e soplar as velas, durante a semana foi o noso protagonista e o xoves achegáronse a súa nai María e o seu irmán Anxo para contarnos como foi crecendo Martín.

xoves, 8 de novembro de 2018

"O espantallo"

Aínda que os paxaros non se achegan moito ao noso horto polo mal tempo, decidimos elaborar un novo espantallo con material de refugallo e con arandelas que co vento fan sons. Quedounos moi chulo e orixinal!!
Buuuuuuh, paxaros!!

mércores, 7 de novembro de 2018

"Seguimos en outono"

Despois de pasar o samaín, seguimos sentindo o outono. Aquí vos deixamos algunhas das actividades de continuación.




martes, 6 de novembro de 2018

mércores, 31 de outubro de 2018

"O samaín"

Ao longo destas últimas semanas realizamos unha serie de actividades relacionadas coa festa do Samaín. Pasamos moito medo!!! Je,je







martes, 30 de outubro de 2018

"O polbo"

Moito nos gusta aprender e investigar sobre os animais mariños, en particular "o polbo" fixonos moita ilusión por ser a mascota da aula.
Aquí vos deixamos unha das actividades que fixemos sobre el.

luns, 29 de outubro de 2018

venres, 26 de outubro de 2018

"Practicamos soplos"

Unha das actividades para traballar o aparello fonador son os soplos, asique estivemos practicando con dous xogos diferentes. Coma sempre, veredes que disfrutamos un montón.

xoves, 25 de outubro de 2018

"Arcimboldo de outono"

Para levar a cabo esta actividade, primeiro observamos e analizamos a obra de "Arcimboldo"; logo co material que recollemos na saída de outono fixemos o noso propio cadro, para finalmente pegar recortes de alimentos de tempada. Aínda pasamos unha risas, xa que saíron moi orixinais e creativos.


mércores, 24 de outubro de 2018

luns, 22 de outubro de 2018

sábado, 20 de outubro de 2018

"Saída de outono"

Aproveitando estes días soleados e o entorno tan marabilloso que temos na Aurora saímos a pasear e recoller follas, froitos, cocas.... propias da estación na que nos encontramos.
Xa vos iremos contando o que decidimos facer con todo o recollido, deixaremos voar a nosa imaxinación e creatividade.

venres, 19 de outubro de 2018

"Comezamos co horto escolar"

Para poñer en funcionamento o horto, primeiro pedímoslle aos pais de Unai, esterco de cabalo para abonar, logo cavamos e removemos a terra, posteriormente fixemos surcos e tapamos con malla antiherbas o espazo seleccionado. Por último, escollemos, segundo a tempada, coliflor, repolo e brécol para prantar.
Agora a regar cando sexa necesario e ver como medran pouco a pouco.