Mentras as recollíamos xa falabamos de como as íamos a comer: si fritas, si cocidas,... Tod@s desexando apañar!! Da gusto a época de recollida!!
Amosando publicacións coa etiqueta HORTO ESCOLAR b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HORTO ESCOLAR b>. Amosar todas as publicacións
luns, 10 de xuño de 2019
mércores, 29 de maio de 2019
O NOSO HORTO
O horto da Aurora leva funcionando dende outubro e case rematando o curso, dedicámoslle un tempo para plasmar neste pequeno proxecto todo o traballado e investigado ata o de agora: ciclo da pranta, distintas hortalizas e verduras (vocabulario, memori, conteo, adiviñas, por fóra e por dentro...), necesidades dunha pranta, debuxos, etc.
Todo esto sen esquecernos de todo o que xa levamos para a casa que nos proporcionou o noso fermoso horto: coliflores, repolos, porros, fabas, leitugas, fresas.....e á espera das cenoiras, allos, cebolas e tomates....
Etiquetas:
HORTO ESCOLAR,
MANIPULACIÓN,
VOZ NATURA
mércores, 24 de abril de 2019
"A volta coas verduras"
Xa de volta de vacacións, decidimos recoller algunha das verduras do noso horto, observalas, analizalas, debuxalas, investigalas..... Este é un breve resumo en imaxes.
luns, 8 de abril de 2019
"O RECICLAXE"
Co gallo da posta en marcha do composteiro, decidimos investigar un pouco máis da reciclaxe en xeral. O resultado foi un mural feito con materiais de refugallo e un video onde os nen@s da Aurora o explican.
O mural foi presentado ao concurso de "creando rural", esperamos que sexa do agrado de todos.
O mural foi presentado ao concurso de "creando rural", esperamos que sexa do agrado de todos.
A nosa autoavaliación foi moi positiva, aprendemos moito e coa nosa pinga de reciclaxe axudamos ao planeta.
Etiquetas:
CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN,
HORTO ESCOLAR,
RECICLAXE
domingo, 7 de abril de 2019
venres, 22 de marzo de 2019
Máis hortalizas!!
Chegou a primavera!
Aproveitando este bo tempo prantamos uns pés de cebolas, e trasplantamos as cenorias dos semilleiros que tiñamos dentro da escola.
Temos un horto que da gusto velo!!!
Tamén prantamos fresas nos palets que temos para decorar o patio
mércores, 27 de febreiro de 2019
xoves, 21 de febreiro de 2019
"Xa temos composteiro"
O luns tivemos visita na Aurora. Marcelo, Sandra e Leiro explicáronnos a montaxe do composteiro como se fose un puzzle, que se pode botar no composteiro e a necesidade de acompañar os restos orgánicos con pequenos paus.
Xa estamos preparados para facer compost ( terra máxica) e así aproveitar todo para o noso horto.
Grazas ás familias pola súa aportación de restos orgánicos de xeito habitual
Grazas ás familias pola súa aportación de restos orgánicos de xeito habitual
sábado, 19 de xaneiro de 2019
"PREPARANDO SEMILLEIROS"
Como agora no inverno vai frío e chove, decidimos preparar semilleiros de cenoria, tomate e leituga, para na primavera realizar o trasplante ao horto.
Primeiro enchemos con terra as macetas preparadas para tal fin (botellas de plástico,...) e logo observamos as tres clases de semillas: en que se diferencian? Cal é máis grande?, facemos un buraco co dedo na terra e introducimos nel algunhas semillas. Por último regamos, aínda que as que preparamos nas botellas de plástico son autosuficientes.
Xa vos contaremos como avanza. Chao
sábado, 1 de decembro de 2018
"Medra o horto"
Da gusto ver o horto da Aurora. As coles, coliflores, o brécol, porros e leitugas seguen medrando, pero ademáis esta semana prantamos allos, chícharos e fabas.
Esperamos, en breve, velos medrar tamén.
xoves, 8 de novembro de 2018
"O espantallo"
Aínda que os paxaros non se achegan moito ao noso horto polo mal tempo, decidimos elaborar un novo espantallo con material de refugallo e con arandelas que co vento fan sons. Quedounos moi chulo e orixinal!!
Buuuuuuh, paxaros!!
luns, 29 de outubro de 2018
venres, 19 de outubro de 2018
"Comezamos co horto escolar"
Para poñer en funcionamento o horto, primeiro pedímoslle aos pais de Unai, esterco de cabalo para abonar, logo cavamos e removemos a terra, posteriormente fixemos surcos e tapamos con malla antiherbas o espazo seleccionado. Por último, escollemos, segundo a tempada, coliflor, repolo e brécol para prantar.
Agora a regar cando sexa necesario e ver como medran pouco a pouco.
domingo, 17 de xuño de 2018
HORTO ESCOLAR
HORTO ESCOLAR
A espera do horto exterior, decidimos comezar cunha pequena plantación de landras e castañas no interior, dada a nosa participación no proxecto de centro "Voz natura".
Para elo, reciclamos brick de leite cortados á metade, fixémoslle un buraco no fondo para que cando saía a raíz poida chupar a auga que lle iremos botando aos poucos; e por suposto deixámoslle moita luz colocándoas nas fiestras.
Agora só queda esperar que xerminen!! Un pouco de paciencia!!
Na aurora estamos super contentos porque xa brotaron algúns castiñeiros da nosa plantación.
Esperamos que sigan saíndo e crecendo. Seguiremos dándolle moito cariño.
Onte decidimos que xa era hora de que @s encargad@s de regar levaran a cabo a súa responsabilidade. Primeiro decoramos as macetas con rotuladores e gomets, logo necesitabamos terra, semillas ou prantas e auga.Con todo preparado, comezamos; agora so nos falta que medren, xa estamos moi impacientes!!!
Comezamos e poñemos en marcha o noso peculiar HORTO ESCOLAR EXTERIOR
Despois de investigar que podiamos prantar nesta época do ano, decidimos que os allos e as berzas aguantarán o frio sen problema. Como tamén nos deran unhas sementes de guisantes, aproveitamos.
Logo fixemos uns carteis para identificar o prantado en cada rego.
Estaremos pendentes de regar, sacar as malas herbas e ver se empeza a crecer algo.
Seguiremos informando.

Nesta semana de bo tempo, seguimos poñendo o noso horto a punto.


E seguimos prantando, desta vez: cenorias, cebolas e leitugas
Hoxe estivemos arrancando algunha herba e aproveitamos o día que non chove para abonar con "caca de cabalo" para que a nosa plantación saia moi forte.
"Moitiiiiiiííísimas grazas aos papás de Unai por traernos o abono"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

































