Amosando publicacións coa etiqueta CUMPREANOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CUMPREANOS. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de maio de 2019

Cumpreanos Marila!

Este finde, Marila estivo de cumpreanos. Hoxe para festexalo fixemos pizza na escola e logo a papaaaar. Que rica estaba, non quedou nadiña!

xoves, 25 de abril de 2019

Cumpreanos Gabriel

Este pasado domingo foi o cumpre de Gabriel.
Na Aurora festexámolo o martes e hoxe o seu pai Bruno achegouse para darnos a coñecer un pouco máis o mundo da música a través da guitarra clásica. Aprendemos moito pero o que máis nos gustou foi tocala nós mesmos.
Moitas grazas Gabriel e Bruno.


sábado, 16 de febreiro de 2019

"Cumpreanos de Unai"

Ademáis de festexar o cumpreanos de Unai, a súa mamá Mónica acudíu á aula para contarnos algúns dos viaxes que realizan en familia. A través dun álbum de fotos fomos escoitando como nos contaban as súas aventuras no acuario de A Coruña e do Grove, á feira do cabalo en Portugal, ect; pero os lugares que máis lle gustaron a Unai foron o "Museo de dinosaurios en Silleda" e "Xogar coa neve na Cañiza".
Moitas grazas familia, xa vos coñecemos un pouquiño máis. Bicazos



xoves, 31 de xaneiro de 2019

"Cumpreanos de Martina"

Martina cumpríu esta semana 4 aniños e ademáis de festexalo con merendola na escola, a súa nai Rita, achegouse para contarnos algo máis dela cando era pequeniña. Os papás de Martina son fisioterapeutas polo que aproveitamos para que nos ensinara a dar masaxes; a través de xogos (somos tartas de cumpreanos, escalofrío e o masaxe dos animais) disfrutamos dunha sesión relaxante e moi agradable.
Grazas Rita, volve cando queiras!


mércores, 9 de xaneiro de 2019

Cumple "Eric"

Xa estamos de volta das vacacións de Nadal, e que mellor comezo que co festexo do quinto cumpreanos de Eric.

sábado, 10 de novembro de 2018

"Cumpreanos de Martín"

Este venres estivemos de celebración na Aurora, Martín cumpría 3 aniños.
Ademáis de festexalo con merenda especial e soplar as velas, durante a semana foi o noso protagonista e o xoves achegáronse a súa nai María e o seu irmán Anxo para contarnos como foi crecendo Martín.

luns, 15 de outubro de 2018

"Cumpreanos da profe Cris"

Que día tan feliz para a profe!! Que mellor maneira de cumprir anos que festexalo na escola cos teus peques!!.
Queríamos estrear o novo forno que temos na Aurora (trouxérono os papás de Martina, mil grazas!) e para elo decidimos preparar minipizzas.
Primeiro anotamos todo o que necesitabamos (masa, queixo, xamón, tomate, atún,....) e logo mans á obra. Cortamos, amasamos e colocamos cadanseu o que quixo. Por último ao forno, un pouco de paciencia e..... a comerrrr. Ríquísimas, sobraron uns anacos cos que convidamos ás familias á saída.
Moitas grazas a tod@s. Un día para lembrar.


xoves, 4 de outubro de 2018

Cumpreanos Lúa!!

Parabéns Lúa no teu 4° aniversario; aínda que o teu cumpre sexa a finais de agosto, celebrámolo no cole este mércores cunha festa completa: globos, merendola, baile,....

luns, 23 de abril de 2018

xoves, 1 de marzo de 2018

luns, 5 de febreiro de 2018

martes, 9 de xaneiro de 2018

venres, 22 de setembro de 2017

PARABÉNS VERA E LÚA!

Xa cumpriron os seus respectivos 5 e 3 anos no verán pero que menos que celebrarllo cos seus compis de escola.
Hoxe o panadeiro non pasou pola escola da aurora porque tiñamos cumple. Vera e Lúa trouxeron gusanitos, patatillas, palomitas, pan e nocilla.
As cumpreañeiras decoraron a súa coroa, inflamos globos, os demais compañeiros agasallámolas cuns debuxos, cantamos e disfrutamos todos xuntos desta xornada.
Pasámolo xenial!!!