venres, 23 de febreiro de 2018

ELABORAMOS NEVE

ELABORAMOS NEVE
Necesitamos:
Bicarbonato sódico
Espuma de afeitar
Vinagre

Mesturamos o bicarbonato coa espuma de afeitar e xa está a neve. Xogamos a facer bolas. Logo pensamos que pasaría si..... lle botamos vinagre? Pois que vai cheirar mal, que se vai facer grande, que se vai estropear....
A sorpresa foi que a neve converteuse en espuma e tocamos para comprobar textura.
Coma sempre pasámolo xenial!!

martes, 20 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2017

Por fin chegou o entroido!!
Por mor da choiva, tívose que suspender o desfile por Tomiño xunto co Cep Pedro Caselles. Pero agrupámonos por escolas, realizando convivencias. 
Na aurora xuntámonos con Forcadela, Vilameán e Seixo 1. Disfrutamos xogando, realizando antifaces, comendo os distintos postres aportados polas familias e como mellorou o tempo ao longo da mañá, desfilamos polo fermoso entorno da nosa escola xunto cos papis e mamis, mostrando os marabillosos disfraces de "Velázquez e as meninas". Pasámolo fenomenal. 
Bo entroido a tod@s!!!

 

venres, 16 de febreiro de 2018

BOLAS ANTIESTRÉS

BOLAS ANTIESTRÉS
Necesitamos:
3 globos
Fariña
Arroz
Botella pequeña de boca ancha
Embudo
Tesouras

Estivemos pensando, que as veces necesitamos relaxarnos un pouco, ben porque nos enfadamos ou porque simplemente a tranquilidade é necesaria na nosa vida cotiá. Por iso decidimos elaborar unha bolas antiestrés que colocaremos no noso "Rincón da calma".
Comezamos elixindo as cores dos globos que cada un quería para a súa bola. Coa axuda dun embudo botamos dentro da botella ou a fariña ou arroz, logo colocamos o globo un pouco inflado na boca da botella e démoslle a volta para que a fariña ou o arroz quedase dentro do globo.
Para quitarlle o aire, abrimos lixeiramente o globo ( porque se o facemos moi rápido a fariña sae despedida por fóra), rímonos un pouco porque o globo facía ruido como de silbato, je,je.
Cortamos a parte de arriba dos globos e estiramos un globo por riba do outro, de xeito que fomos tapando o buraco do primeiro globo.
Xa está!!! Agora tocaba decoralos con rotulador permanente. Acordamos que cada vez que nos sintamos un pouco estresados colleremos as nosas bolas e nos tranquilizaremos pensando en cousas bonitas.

UNAI PROTAGONISTA

Despois do seu cumpreanos, Unai é o protagonista da semana.
Este venres, a súa nai Mónica e a súa prima Tati acompañáronnos na escola. A través dun video, coñecemos un pouco máis a Unai, dende que cumpríu un aniño ata este ano que xa vai en 4; presentounos a súa gran familia: pais, avós, padriños,.....e como non (xa oiramos falar deles) aos seus cans: Coco e Luna e ao seu cabalo "Piruleta".
Logo todos xuntos, ensinámoslle a "Tati" o que estamos traballando sobre os dinosaurios (exposición, investigación, xogos, fósiles,.....). Unai estaba moi emocionado e nervioso. Foi un gran anfitrión.

MOITAS GRAZAS, MÓNICA E TATI POR FACER QUE UNAI SE EMOCIONE E COMPARTIR CONOSCO OS SEUS MELLORES MOMENTOS

xoves, 15 de febreiro de 2018

0 AMOR

Comezamos a traballar máis profundamente a emoción do "amor" co conto de "Mauro necesita un abrazo". Acabamos facendo os distintos tipos de abrazos que se mostraban. Pasámolo xenial. Ademáis a profe tróuxonos unha gran sorpresa: un enorme corazón para achucharnos continuamente.
 
 
 
 
 

luns, 12 de febreiro de 2018

luns, 5 de febreiro de 2018

venres, 2 de febreiro de 2018

COMO INFLAR UN GLOBO SEN SOPLAR

COMO INFLAR UN GLOBO SEN SOPLAR?
Necesitamos:
Unha botella de plástico grande
Unha xarra
Levadura de panadeiro
Azucre
Auga templada
Cuchara
Embudo
Un globo

Para comezar quentamos un pouco a auga no microondas (non demasiado senón a levadura morre).
Misturámoslle unha cucharada de azucre e un pouco de levadura do panadeiro ( nós pedímoslla ao noso panadeiro favorito "Antonio" que nos trae a merenda todos os días, moitiiiisimas grazas), para elo utilizamos a cuchara.
Só nos queda vaciar a mestura na botella de plástico coa axuda do embudo, e colocarlle tapando a botella un globo.
Os nen@ da Aurora, despois de pensar que ía a suceder, acertaron plenamente.
Agora só queda esperar. Ao cabo duns minutos o globo empezará a inflarse el só sen axuda de ninguén.

A explicación é sinxela. A levadura é un ser vivo, cando se lle bota auga, desperta e claro necesita enerxía, que no noso experimento vaina a recoller do azucre.

xoves, 1 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ

CONVIVENCIA EN FORCADELA
(DÍA DA PAZ)