venres, 27 de outubro de 2017

RECUNCHOS 2017


AULA

 
 
 

A COR DAS PRANTAS

A COR DAS PRANTAS:
No reino vexetal podemos atoparnos con todos os matices e combinacións de cores, pero existe un predominio xeral das cores primarias: amarelo, vermello e azul. Estas cores veñen determinados polos chamados pigmentos.
 
Necesitamos:
3 vasos transparentes de plástico
colorantes azul, amarelo e vermello
3 follas de leituga
auga.
 
Botamos unha pouca auga en cada vaso, logo un chorriño de colorante ( nos botamos 10 gotas), en cada vaso unha cor diferente; e por último metemos unha folla de leituga en cada un.
Que pasará???? (Temos que esperar ata a última hora da mañá para ver algún resultado senón o luns verémolo por completo).
Pois pasou que cando fomos observar, cada leituga estaba da cor do colorante que lle botaramos, e por que?
Pois as prantas absorven a auga e así aliméntanse, polo que a auga encheu os pequenos tubiños dentro das follas da leituga.

mércores, 25 de outubro de 2017

DEGUSTACIÓN OUTONO

Os mércores toca "Froita" pero este mércores era especial. Ademáis da froita que nos trouxo o panadeiro: mandarina; tamén degustamos outras froitas típicas do outono: uvas, granada, noces, castañas, avelás e o kiwi teremos que probalo outro día porque aínda están algo duros....
 

venres, 13 de outubro de 2017

POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO?

POR QUE AS FOLLAS CAMBIAN DE COR NO OUTONO?
Necesitamos:
Follas de distintas cores
Un morteiro
Alcohol
vasos pequenos
un filtro do café
Buff, que cousas máis raras ten a profe enriba da mesa dos experimentos, para que serven?.
Despois de debater a utilidade dos materiais, cada un collemos unha folla de distinta cor: verde, amarela, marrón e vermella.
Rompemos as nosas follas en anacos pequenos. Un por un machacamos as nosas follas co morteiro, mesturándoas cun chorriño de alcohol. Logo botamos ese líquido "sucioooo" en cada vaso e metemos unha tira de papel do filtro nel.
Que pasará? Desta vez todos comentaron que os anacos de filtro ían cambiar á cor de cada folla. Que listos que son!!!!!
Tocaba esperar, e así foi, como eles dicían pero.....
Trátase de que as follas cambian de cor debido á reducción de horas de luz  porque o sol da con menos intendidade de cara o outono, dándonos unha cromatografía estupenda.

 

venres, 6 de outubro de 2017

MERENDAS

MERENDAS
 
O NOSO CALENDARIO DE MERENDAS É O SEGUINTE:
 
O proxecto das merendas que se leva a cabo en todas as escolas do CRA co que se pretende fomentar hábitos de hixiene, autonomía, responsabilidade, socialización, ect,  consiste en que:
  • Todas as mañás o panadeiro "Antonio" achégase pola escola da Aurora para deixarnos a merenda que corresponde cada día. (Previa reunión e consenso coas familias).
  • O/A encargado/a dese día, ábrelle a porta, saúdao e despídese con modais.
  • Chegada a hora de merendar, van lavar as mans e os/as encargados/as reparten os manteis individuais (decorados persoalmente por cada un), as bandexas de cores, servilletas e os vasos de plástico.
  • Agora toca ver que nos trouxo o panadeiro e traballar a lóxica matemática cos distintos alimentos (iogures, pan, fiambre, galletas, froita,...) a través de conceptos tales como: a metade, o conteo, partes dun todo,....
  • Repártese auga que nos trae gratuitamente o concello.
  • Comemos despacio e repasamos as normas da hora de comer ( limparse coa servilleta, masticar a modiño,....).
  • Cando rematamos, toca recoller; cada un limpa a súa bandexa e mantel e coloca todo na estantería adicada á merenda.
  • E por suposto, agora a "Lavar os dentes" co noso cepillo e pasta de dentes individual.
  • Cando temos cumpreanos, avisamos ao panadeiro que ese día non traía a merenda porque temos festa especial.
 

QUE PASA CANDO SE MOLLAN AS PIÑAS?

Xa que estamos no outono, imos empezar por algo propio desta estación:
  • QUE PASA CANDO SE MOLLAN AS PIÑAS?
Cando fixemos a saída polo entorno recollemos entre outras cousas "piñas". Todas elas estaban abertas e hoxe venres quedamos a pensar que pasaría si se mollasen.
Necesitabamos 3 recipientes transparentes, 3 piñas, auga quente e auga fría.
O proceso foi moi sinxelo:
Cada piña metémola nun recipiente. A un deles botámoslle auga quente, a outro auga fría e ao último non lle botamos nada.
E......... sabedes que pasou o cabo de dez minutiños aproximadamente......????
Os nen@ da aurora masaxearon a súa testa e dixeron que quizáis cambiaran de cor, que poderían convertirse en vermella,....en azul,.... en verde,.......
Pois non,...... que a piña que estaba con auga quente pechouse axiña, a que estaba en auga fría tamén se pechaba pero máis despaciño e a piña que non lle botamos nada quedou como estaba.
Que sorpresa!!!!!!
Pero e por que?
A profe explicounos que por "protección" das semillas que levan dentro e que darán froito a novas árbores. Mentras as semillas crecen, as escamas das piñas están pechadas e cando xa están maduras a piña ábrese e deixa saír as semillas; cando chove as piñas péchanse para evitar que as semillas caían no momento que non deben.
 

xoves, 5 de outubro de 2017