Amosando publicacións coa etiqueta O PATIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O PATIO. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de maio de 2019

Xogos no patio

Desta vez, aproveitando a gran cantidade de pedras que temos na rúa da nosa escola, elaboramos para o patio un labirinto co que nos divertimos un montón. Temos que andar a modiño porque podemos marearnos😆.

mércores, 1 de maio de 2019

"O patio e a primavera"

Nótaselle ao patio da Aurora a chegada da primavera. Rebosa de cores por todos os ocos: azaleas, tajetes, alegrias, lavanda, xeranios....
Grazas as familias pola súa colaboración unha vez máis.


domingo, 13 de maio de 2018

DECORAMOS O PATIO

Durante esta semana, tivemos a nosa disposición pintura de varias cores. Pola nosa testa mergullaba facía tempo a idea de darlle máis cor e vida ao patio, ao mesmo tempo que ter novos xogos cos que disfrutar no tempo de lecer. Polo tanto, puxémonos mans a obra e así quedou. Agora só queda disfrutar deste marabilloso entorno que nos ofrece a "Aurora".
 
Aos nenos da Aurora encántalles a música (o profe Martín e Rebeca están encantados), polo que aproveitando a parte de atrás da casiña do patio fomos colocando materiais que ao golpear fan distintos sons (sarténs, maracas, tenedores, chapas,.....).
Nas horas de lecer sempre temos sons de fondo. Pasámolo estupendamente!!
 

xoves, 19 de abril de 2018

venres, 13 de abril de 2018

DECORAMOS

Xa tiñamos ganas duns días de sol para disfrutar do patio e poñernos mans a obra pintando uns palets que nos trouxeron os papis de Unai.
Logo de pintalos de branco, colocámolos contra a parede e prantamos fresas e flores diversas que aportaron as familias.
Ademáis colgamos as tellas que fixeramos na convivencia de Crearte e sacamos para fóra a balanza xigante para xogar.
A verdade é que a Aurora cobra máis vida coas distintas cores. Esperamos seguir decorándoa e poñéndoa máis fermosa se cabe.

mércores, 4 de abril de 2018

BALANZA XIGANTE

Que ben o estamos a pasar coa nosa nova "balanza xigante". Polo de agora probamos con madeiras e pedras pero está aberta a nosa imaxinación.