mércores, 31 de outubro de 2018

"O samaín"

Ao longo destas últimas semanas realizamos unha serie de actividades relacionadas coa festa do Samaín. Pasamos moito medo!!! Je,je







martes, 30 de outubro de 2018

"O polbo"

Moito nos gusta aprender e investigar sobre os animais mariños, en particular "o polbo" fixonos moita ilusión por ser a mascota da aula.
Aquí vos deixamos unha das actividades que fixemos sobre el.

luns, 29 de outubro de 2018

venres, 26 de outubro de 2018

"Practicamos soplos"

Unha das actividades para traballar o aparello fonador son os soplos, asique estivemos practicando con dous xogos diferentes. Coma sempre, veredes que disfrutamos un montón.

xoves, 25 de outubro de 2018

"Arcimboldo de outono"

Para levar a cabo esta actividade, primeiro observamos e analizamos a obra de "Arcimboldo"; logo co material que recollemos na saída de outono fixemos o noso propio cadro, para finalmente pegar recortes de alimentos de tempada. Aínda pasamos unha risas, xa que saíron moi orixinais e creativos.


mércores, 24 de outubro de 2018

luns, 22 de outubro de 2018

sábado, 20 de outubro de 2018

"Saída de outono"

Aproveitando estes días soleados e o entorno tan marabilloso que temos na Aurora saímos a pasear e recoller follas, froitos, cocas.... propias da estación na que nos encontramos.
Xa vos iremos contando o que decidimos facer con todo o recollido, deixaremos voar a nosa imaxinación e creatividade.

venres, 19 de outubro de 2018

"Comezamos co horto escolar"

Para poñer en funcionamento o horto, primeiro pedímoslle aos pais de Unai, esterco de cabalo para abonar, logo cavamos e removemos a terra, posteriormente fixemos surcos e tapamos con malla antiherbas o espazo seleccionado. Por último, escollemos, segundo a tempada, coliflor, repolo e brécol para prantar.
Agora a regar cando sexa necesario e ver como medran pouco a pouco.


"As estrelas de mar"

Aprendemos un montón das estrelas de mar e que mellor maneira que facer as nosas propias.

martes, 16 de outubro de 2018

"As medusas ou quenllas"

Seguimos enchendo o noso fondo mariño. Con material de refugallo elaboramos unhas quenllas moi chulas. Así nos quedaron, tende coidado de que non vos piquen!!


luns, 15 de outubro de 2018

"Cumpreanos da profe Cris"

Que día tan feliz para a profe!! Que mellor maneira de cumprir anos que festexalo na escola cos teus peques!!.
Queríamos estrear o novo forno que temos na Aurora (trouxérono os papás de Martina, mil grazas!) e para elo decidimos preparar minipizzas.
Primeiro anotamos todo o que necesitabamos (masa, queixo, xamón, tomate, atún,....) e logo mans á obra. Cortamos, amasamos e colocamos cadanseu o que quixo. Por último ao forno, un pouco de paciencia e..... a comerrrr. Ríquísimas, sobraron uns anacos cos que convidamos ás familias á saída.
Moitas grazas a tod@s. Un día para lembrar.


xoves, 11 de outubro de 2018

"OS CORAIS"

Seguimos investigando o fondo mariño. Desta vez centrámonos nos corais. Observamos e manipulamos un coral de verdade e posteriormente elaboramos o noso propio que quedou estupendo no noso mural.

mércores, 10 de outubro de 2018

"Preguntámonos ????

Sabemos moitas cousas do mar pero facémonos igualmente un montón de preguntas que ao longo do ano, investigando na escola e coa axuda das familias, iremos respondendo.

luns, 8 de outubro de 2018

"As esponxas mariñas"

Comezamos a investigar diferentes seres vivos que habitan no fondo do mar. Despois de observar, manipular e comparar unha esponxa marina e unha esponxa de baño, decidimos realizar trasvases de auga. Disfrutamos un montón.

xoves, 4 de outubro de 2018

Cumpreanos Lúa!!

Parabéns Lúa no teu 4° aniversario; aínda que o teu cumpre sexa a finais de agosto, celebrámolo no cole este mércores cunha festa completa: globos, merendola, baile,....

Novo abecedario

Dende comezo de curso estivemos preparando o noso abecedario con diferentes materiais: palomitas, paus, cunchas, tapóns, pedras....

luns, 1 de outubro de 2018

1° mandalas do curso

Aproveitando o novo recuncho da "Natureza", fixemos diferentes mandalas, moi creativas por certo.