venres, 22 de marzo de 2019

Máis hortalizas!!

Chegou a primavera! 
Aproveitando este bo tempo prantamos uns pés de cebolas, e trasplantamos as cenorias dos semilleiros que tiñamos dentro da escola.
Temos un horto que da gusto velo!!!




Tamén prantamos fresas nos palets que temos para decorar o patio




xoves, 14 de marzo de 2019

O pintor "Luis Seoane"

Neste segundo trimestre, estivemos observando, analizando e experimentando coas obras de Luis Seoane. Coma Urbano Lugrís, tamén se caracteriza por pintar "O mar".
Aquí vos deixamos algunha mostra para que vexades que artistas estamos feitos na Aurora.


luns, 11 de marzo de 2019

"Traballando a autonomía"

Ao longo das xornadas diarias, realizamos unha serie de tarefas coas que desenvolvemos a nosa autonomía. Entre outras aquí vos deixamos algunha...




xoves, 7 de marzo de 2019

"A caixa de luz"

Seguimos xogando e practicando coa caixa de luz que nos ofrece un sinfín de posibilidades.
Desta vez coas letras, co conteo e cos nosos nomes. Xenial.

"Proceso de crecemento"

Estes últimos meses estivemos de observación constante na Aurora. Tiñamos mazorcas de millo do outono e decidimos meter unha en auga(sen cubrir) para ver que pasaba. Fomos vendo co paso dos días que lle saían raíces (por onde collía auga) e comezaban a brotar os talos. Estivemos moi atentos de como ía crecendo. Unha experiencia completa do crecemento do millo.

luns, 4 de marzo de 2019