mércores, 27 de xuño de 2018

xoves, 21 de xuño de 2018

FIN DE CURSO

O mércores despedimos a escola da Aurora ata setembro cunha gran festa familiar.
O xoves tocaba despedirse deste curso en Vilameán con cancións, teatro de títeres, talleres varios e rematando cun baño de espuma.
Pasámolo realmente xenial!
 

domingo, 17 de xuño de 2018

HORTO ESCOLAR

HORTO ESCOLAR
A espera do horto exterior, decidimos comezar cunha pequena plantación de landras e castañas no interior, dada a nosa participación no proxecto de centro "Voz natura".
Para elo, reciclamos brick de leite cortados á metade, fixémoslle un buraco no fondo para que cando saía a raíz poida chupar a auga que lle iremos botando aos poucos; e por suposto deixámoslle moita luz colocándoas nas fiestras.
Agora só queda esperar que xerminen!! Un pouco de paciencia!!
  
Na aurora estamos super contentos porque xa brotaron algúns castiñeiros da nosa plantación.
Esperamos que sigan saíndo e crecendo. Seguiremos dándolle moito cariño.
 
Onte decidimos que xa era hora de que @s encargad@s de regar levaran a cabo a súa responsabilidade. Primeiro decoramos as macetas con rotuladores e gomets, logo necesitabamos terra, semillas ou prantas e auga.Con todo preparado, comezamos; agora so nos falta que medren, xa estamos moi impacientes!!!

Comezamos e poñemos en marcha o noso peculiar HORTO ESCOLAR EXTERIOR
Despois de investigar que podiamos prantar nesta época do ano, decidimos que os allos e as berzas aguantarán o frio sen problema. Como tamén nos deran unhas sementes de guisantes, aproveitamos.
Logo fixemos uns carteis para identificar o prantado en cada rego.
Estaremos pendentes de regar, sacar as malas herbas e ver se empeza a crecer algo.
Seguiremos informando. 
Nesta semana de bo tempo, seguimos poñendo o noso horto a punto.

 
 


E seguimos prantando, desta vez: cenorias, cebolas e leitugas



Hoxe estivemos arrancando algunha herba e aproveitamos o día que non chove para abonar con "caca de cabalo" para que a nosa plantación saia moi forte.
 




"Moitiiiiiiííísimas grazas aos papás de Unai por traernos o abono"
 
Onte luns, recollemos todo o que plantaramos no noso horto. Estamos satisfeitos por este curso pero para o vindeiro aprenderemos dos pequenos erros deste ano e esperamos pasalo  fenomenal con esta proposta.
 

venres, 15 de xuño de 2018

"RESPIRA"

Ao longo deste trimestre, no rincón da calma estivemos a traballar un conto que nos gustou moito, "Respirar".
Como era moi longo, fomos pouco a pouco sentindo cada páxina leída, dramatizando e respirando como fai o neno protagonista.
Aquí vos deixamos as nosas experiencias.
QUE RELAX!!!

xoves, 14 de xuño de 2018

SAÍDA AO "PARQUE DA CANUDA"

"SAÍDA PARQUE DA CANUDA"(SALVATERRA DE MIÑO)
Que ben o pasamos!!! Día espectacular!!

 

martes, 12 de xuño de 2018

ÁRBORES DE PRIMAVERA

Este venres pasado, fixemos un experimento con arroz (apartado experimentos) e co resultado estivemos decorando hoxe unha árbore de primavera chea de cores.

domingo, 10 de xuño de 2018

"CREARTE NA ESCOLA DE VILAMEÁN"
A primeira convivencia de Crearte en Vilameán estivo cargada de ilusión e ledicia. Os nenos da Aurora formaron grupo cos de Vilaméan e Seixo 2. Xuntos pasamos unha xornada do máis entretida elaborando o noso propio cadro de Miró, que foi utilizado despois como decorado no festival de Nadal.

"2º XORNADA DE CREARTE (ESCOLAS DE BARRO, ESTÁS E AURORA)"
 
Creamos con laca de uñas
Só necesitamos un lienzo, auga e diferentes cores de laca de uñas. Cada cadro é diferente e orixinal. Somos uns artistas!!
 
Xa temos cabaletes novos para deixar voar a nosa imaxinación.




 
Cos fermosos círculos que obtivemos a partires do experimento do venres pasado, creamos a nosa propia composición. Mirade que chulas
 
Seguimos creando!! Desta vez coa emoción do amor o máis apropiado é o cadro de Gustav klim "El beso". Quedounos moi orixinal
 
 
"ARTISTEAMOS" CON BURIAN ZDERĚK

Coa chegada da primavera, artisteamos con "Van Gogh" e o cadro dos "Girasoles" coa técnica do estampado.

Seguimos artisteando na Aurora. Desta vez coa emoción da "Alegría", traballamos a "Miró".
 

Seguimos coa alegría e coa primaveira, e que mellor representación que o cadro de klim "El árbol de la vida". (Pintamos con dedo e pegamos botóns)
 
Este venres, experimentamos coas cores e cun aparello que non coñeciamos moito: unha centrifugadora de leitugas". Pasámolo xenial dándolle con toda a forza que podiamos. Saíronnos uns cadros chulísimos. Outro día probarémola con outro material que non sexa papel. Xa vos contaremos.
 
Temos novo material natural na aula. Hoxe decidimos facer torres, outro día veremos que se nos ocurre.
 
Coa chegada da primavera todo son flores. Como na aurora nos encanta pintar, desta vez fixemos un fermosos tulipáns con tenedores. Ademáis de pasalo xenial, decoramos as ventanas da aula de psicomotricidade. Esperamos que vos guste.
 
A través do conto "Unha chea de familias", decidimos agasallar cadanseu á súa coa elaboración dun marco onde puxemos a foto de familia que dende o periodo de adaptación nos acompañaba na aula.
Así nos quedaron. Grazas familias por estar sempre ahí.
 
 

xoves, 7 de xuño de 2018

SAÍDA POLO ENTORNO PRIMAVERAL

Co bo tempo destes días decidimos dar un paseo pola Aurora. Recollemos moitas flores e disfrutamos do entorno.
Á volta, por mor das "letras galegas", fixemos un collage coas flores.
 
As flores son un recurso fantástico. Hoxe tocou cheirar rosas, calas,... logo quitamos pétalo por pétalo; clasificamos por cores e por último creamos unha mandala xigante.
Logo cada un quixemos facer a nosa propia creación.
Estivemos moi perfumados e rodeados de cores!!!