Amosando publicacións coa etiqueta MANIPULACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANIPULACIÓN. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de maio de 2019

O NOSO HORTO

O horto da Aurora leva funcionando dende outubro e case rematando o curso, dedicámoslle un tempo para plasmar neste pequeno proxecto todo o traballado e investigado ata o de agora: ciclo da pranta, distintas hortalizas e verduras (vocabulario, memori, conteo, adiviñas, por fóra e por dentro...), necesidades dunha pranta, debuxos, etc.
Todo esto sen esquecernos de todo o que xa levamos para a casa que nos proporcionou o noso fermoso horto: coliflores, repolos, porros, fabas, leitugas, fresas.....e á espera das cenoiras, allos, cebolas e tomates....


xoves, 23 de maio de 2019

As flores

Todas as semanas temos floreros con distintas flores na clase. Despois de xogar cos seus nomes, debuxalas... tocaba ver as súas partes. Centrámonos nas partes xerais na manipulación pero logo observamos as partes da flor: tallo, cáliz, sépalos, corola, pistilo e estambres.

mércores, 24 de abril de 2019

"A volta coas verduras"

Xa de volta de vacacións, decidimos recoller algunha das verduras do noso horto, observalas, analizalas, debuxalas, investigalas..... Este é un breve resumo en imaxes.




mércores, 23 de xaneiro de 2019

"O noso atrapasoños"

O noso recuncho da calma necesitaba un "atrapasoños" para que parte da maxia que crean os nen@s na Aurora quede alí para sempre.
A base foi feita a ganchillo, logo nós démoslle vidilla, ensartando bolas de cores e rematando con plumas.
Agora só nos queda seguir soñando!!!.


xoves, 10 de xaneiro de 2019

Sorpresa ao voltar!!

Tod@s tiñamos ganas de voltar ao cole!! A nosa sorpresa foi que atopamos na aula, novo material co que seguir xogando e aprendendo.
Os que máis nos gustaron foron: un puzzle de madeira en forma de peixe con números por un lado e letras por outro; un xogo de madeira para contar paus; un libro espectacular co que seguiremos investigando o fondo mariño e os seus animais e un novo recipiente de madeira onde temos os nosos lápices de cores moi ben ordeados.
Que contentos estamos!!

venres, 30 de novembro de 2018

Máis propostas...

E seguimos coas propostas, tanta grupais como individuais, relacionadas coas distintas áreas.




xoves, 4 de outubro de 2018

Novo abecedario

Dende comezo de curso estivemos preparando o noso abecedario con diferentes materiais: palomitas, paus, cunchas, tapóns, pedras....

sábado, 29 de setembro de 2018

Aprendemos xogando

Seguimos coas propostas de xogo manipulativo, ben no chan ou na mesa.

martes, 25 de setembro de 2018

Manipulando distintos materiais

Comezamos xogando, explorando e manipulando o distinto material de aula xa que temos algunha cousa nova.

martes, 13 de marzo de 2018

APRENDEMOS MANIPULANDO

  
 
 
 
Hoxe pasámolo xenial facendo trasvases con auga de cores primarias. Para elo, utilizamos pipetas e jeringuillas; rápidamente aprendemos a manexalas.