mércores, 29 de novembro de 2017

Proxecto "O nome"

 PROXECTO "O NOME"
Comezamos a coñecer as letras a partires do noso nome e para os nenos que xa o sabían, afianzamos aprendizaxe.
En colaboracion coas familias, que realizaron, xunto c@s nen@s, a decoración da súa inicial, fixemos este fermoso mural.
Quedounos chulísimo!!
 
Seguimos traballando cos nomes dos nenos e profes da escola da aurora.
 
 
 

venres, 24 de novembro de 2017

CAPILARIDADE

 
 "EXPERIMENTO DE CAPILARIDADE: TRANSFERENCIA DE AUGA ENTRE VASOS"
Necesitamos:
3 vasos
papel de cociña
auga
colorantes das cores primarias: azul, vermello e amarelo
 
Botamos unha pouca de auga en cada vaso. Unhas gotiñas de colorante de cada cor en cada vaso. Fixemos 3 canutillos co papel de cociña. Metemos a punta dun canutillo no vaso de cor amarela e a outra punta no vaso de cor vermella; outro canutillo no vaso de cor vermella e no vaso de cor azul; e por último outro canutillo no vaso de cor azul e no vaso de cor amarelo.
Que pasará?'?
Sabemos que a auga vai subir polo papel de cociña xa que fixemos algún experimento deste tipo, pero que pasará coas cores?
Pois si, vaise producir unha mestura de cores estupenda!!
 

venres, 17 de novembro de 2017

O MEDO NA AURORA (2017)

Este xoves a mestra de atención educativa "Belén" xunto con Eric, metéronnos un pouco de medo co seu mostruo máxico (brilla na oscuridade).
Grazas Belén pola túa marabillosa imaxinación, ilusión e creatividade.
 
 
 
 
 

venres, 10 de novembro de 2017

POR QUE SE OSCURECEN AS MAZÁS AO CORTALAS?

 POR QUE SE OSCURECEN AS MAZÁS AO CORTALAS?
Necesitamos:
2 mazás
6 recipientes
papel de aluminio
auga
zume de limón
zume de laranxa
leite
 
Cortamos as mazás en catro trozos e pelámolas.
Un anaco utilizarémolo de control deixándoo nun recipiente sen facerlle nada.
Outro anaco envolverémolo en papel de aluminio. Outro, botarémoslle leite. Outro, con zume de limón. Outro con zume de laranxa . Outro, con auga e o derradeiro, botarémoslle leite.
Deixamos pasar una hora aproximadamente.
Que lle pasará a cada un dos anacos?
A nosa testa comeza a pensar e debatimos que lles pasará. Saben que o que queda como control vaise a poñer de cor marrón polo contacto co aire (oxidación), pero e os outros?.
Ao pasar o tempo imos ver que pasou. observamos a secuencia.
A que máis se oxidou foi a que non lle fixemos nada, logo por orden de máis a menos oxidación: auga, papel de aluminio, leite, zume de laranxa e o que mellor conserva á maza sen oxidarse é a que está dentro do zume de limón (moi bo antioxidante).

venres, 3 de novembro de 2017

SORPRESA DELICIOSA

Este pasado venres, tivemos una sorpresa "deliciosa" coa chegada do paquete das galletas. Primeiro contamos dez galletas para cada un pero logo aínda comemos cinco máis, total quince.
 "Non quedou ninguna"
 

xoves, 2 de novembro de 2017

CONVIVENCIA MAGOSTO-SAMAÍN EN AMORÍN

Onte martes todo o alumnado e profesorado do cra de Tomiño estivemos celebrando o "Magosto-Samaín" na escola de Amorín.
Todo estaba preparado para comezar ás 9:00h.

  • Exposición das cabazas decoradas de cada escola ( A da aurora tiña que ser un dino!!!).
  • Animación musical por parte do mestre de música "Martín".
  • Actuación da "Banda de Goián".
  • Actuación dos mestres, interpretando a canción de "Corre, corre cabaciña".
  • Disfrute de distintos xogos: enceste de castañas, pescar castañas, adiviña que pantasma é!, somos arqueólogos,....
  • Toca xa merendar. A anpa preparounos bocadillos de chourizos asados e castañas asadas!! Moitas grazas, estaba todo riquííísimo!!
  • E por último a xogar libremente polo patio inmenso da escola de Amorín. 
Tivemos moita sorte co tempo. Resultou un día outonal expléndido.