Seguimos coa primavera e coa investigación das flores. Desta vez, despois de realizar uns ramos, crearon o seu propio debuxo, traballaron cos seus nomes e por último, elaboramos perfumes (machacar os pétalos con unha parte de auga destilada, logo engadirlle tres partes de alcol e introducir nun frasco deixando macerar).
Amosando publicacións coa etiqueta CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 11 de maio de 2019
venres, 10 de maio de 2019
Artisteamos con sal
Como lles gusta artistear aos nenos da Aurora!!. Desta vez realizamos debuxos con cola, posteriormente cubrimos os debuxos con sal retirando o que sobra, por último cun goteiro imos coloreando (auga con colorante) os debuxos; deixamos secar e xa temos uns cadros do máis orixinais.
Etiquetas:
CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN,
EXPERIMENTOS
mércores, 8 de maio de 2019
Concurso "creando rural"
Este martes a nosa Alcaldesa, Sandra, achegouse a nosa escola, xunto cos representantes do concurso "Creando rural" para entregarnos un diploma como uns dos gañadores desta edición.
Agradecer unha vez máis a tod@s @s que nos apoiaron e sobre todo as familias sempre tan colaboradoras.
Agora só nos queda disfrutar do premio, índonos de excursión o vindeiro mércores á granxa escola "Corazón de Carballo" e pasalo fenomenal todo o día🤗
Etiquetas:
CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN,
RECICLAXE,
VOZ NATURA
venres, 3 de maio de 2019
Concurso "Creando rural"
Na escola da Aurora estamos de noraboa. Acaban de comunicarnos que somos un dos gañadores do concurso co mural sobre reciclaxe.
Para a vindeira semana recibiremos un diploma e según as bases irémonos de excursión a unha granxa escola o 15 de maio.
Estamos moi emocionados e contentos co premio.
Etiquetas:
CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN,
RECICLAXE,
VOZ NATURA
luns, 8 de abril de 2019
"O RECICLAXE"
Co gallo da posta en marcha do composteiro, decidimos investigar un pouco máis da reciclaxe en xeral. O resultado foi un mural feito con materiais de refugallo e un video onde os nen@s da Aurora o explican.
O mural foi presentado ao concurso de "creando rural", esperamos que sexa do agrado de todos.
O mural foi presentado ao concurso de "creando rural", esperamos que sexa do agrado de todos.
A nosa autoavaliación foi moi positiva, aprendemos moito e coa nosa pinga de reciclaxe axudamos ao planeta.
Etiquetas:
CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN,
HORTO ESCOLAR,
RECICLAXE
xoves, 28 de febreiro de 2019
ESCULTURAS FAMILIARES
Fai unhas semanas, enviamos unha serie de materiais (tapóns, plastilina, limpapipas, lá,...) para a casa co fin de que en familia realizaran unha escultura. A imaxinación e creatividade púxose a funcionar e o resultado foi que co mesmo materiais sairon cousas distintas e fermosas.
Grazas unha vez máis ás familias da Aurora pola súa colaboración.
xoves, 15 de novembro de 2018
Creando
Que ben o pasamos creando!. Despois de facer mandalas con materiais naturais, deixamos voar a imaxinación con outro material non estructurado. Somos uns artistas!
xoves, 25 de outubro de 2018
"Arcimboldo de outono"
Para levar a cabo esta actividade, primeiro observamos e analizamos a obra de "Arcimboldo"; logo co material que recollemos na saída de outono fixemos o noso propio cadro, para finalmente pegar recortes de alimentos de tempada. Aínda pasamos unha risas, xa que saíron moi orixinais e creativos.
Etiquetas:
CREARTE,
CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN
luns, 1 de outubro de 2018
domingo, 23 de setembro de 2018
"Construímos unha casiña nova"
Que sinxelo é xogar e pasalo ben con só unhas caixas e imaxinación.
O resultado gustounos moito e pensamos disfrutala durante todo o curso!!
O resultado gustounos moito e pensamos disfrutala durante todo o curso!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












