sábado, 22 de xuño de 2019

"Festa fin de curso na Aurora"

Onte venres, despedimos o curso na nosa escola; preparamos unha gran merendola para tod@s (patés de atún, de mexillóns e de aceitunas, brochetas con diferente froitas e biscoito), logo representamos e cantamos unha canción, despedimos emocionados a Nico e a Marila e desfrutamos en familia no patio.
Grazas a tod@s por este marabilloso curso!


Fin de curso en Vilameán

Todo o alumnado do cra despedimos o curso en Vilameán. Cantamos, bailamos, xogamos en distintos talleres (chapas, hamma beats, trasvases, pompas...) e como remate final, a festa da espuma!!. Día espectacular!


xoves, 13 de xuño de 2019

Saída a Baiona

Como disfrutamos desta saída!!! Dende o parque, pasando pola visita á caravela ata o baño na praia, as nosas caras reflexaban o entusiasmo!!! 



luns, 10 de xuño de 2019

"Hoxe PATACAS"

Mentras as recollíamos xa falabamos de como as íamos a comer: si fritas, si cocidas,... Tod@s desexando apañar!! Da gusto a época de recollida!!


mércores, 5 de xuño de 2019

"Visita especial"

Hoxe tivemos unha visita especial na Aurora. Jairo, Aitana e Mara, novo alumnado para o vindeiro curso, acompañados polas súas mamis, coñeceron a súa futura escola.
Ao chegar xa estaba preparada unha merendola a base de froita (piña, sandía, plátano, fresas, uvas e arándanos) e canapés de paté de mexillóns e sardiñas. Durante a merenda xa nos coñecemos un pouco máis; logo cambiamos de aula para pintar con pincel e témperas, finalizando no patio con xogo libre. 
Para despedilos, agasallámolos cunha eiruga feita con pedras onde aparecía escrito o seu nome.
Unha xornada chea de emocións. Esperámolos de novo en setembro





mércores, 29 de maio de 2019

O NOSO HORTO

O horto da Aurora leva funcionando dende outubro e case rematando o curso, dedicámoslle un tempo para plasmar neste pequeno proxecto todo o traballado e investigado ata o de agora: ciclo da pranta, distintas hortalizas e verduras (vocabulario, memori, conteo, adiviñas, por fóra e por dentro...), necesidades dunha pranta, debuxos, etc.
Todo esto sen esquecernos de todo o que xa levamos para a casa que nos proporcionou o noso fermoso horto: coliflores, repolos, porros, fabas, leitugas, fresas.....e á espera das cenoiras, allos, cebolas e tomates....


luns, 27 de maio de 2019

Cumpreanos Marila!

Este finde, Marila estivo de cumpreanos. Hoxe para festexalo fixemos pizza na escola e logo a papaaaar. Que rica estaba, non quedou nadiña!

xoves, 23 de maio de 2019

As flores

Todas as semanas temos floreros con distintas flores na clase. Despois de xogar cos seus nomes, debuxalas... tocaba ver as súas partes. Centrámonos nas partes xerais na manipulación pero logo observamos as partes da flor: tallo, cáliz, sépalos, corola, pistilo e estambres.

mércores, 22 de maio de 2019

Xogos grupais coa profe Rocio


Xogos no patio

Desta vez, aproveitando a gran cantidade de pedras que temos na rúa da nosa escola, elaboramos para o patio un labirinto co que nos divertimos un montón. Temos que andar a modiño porque podemos marearnos😆.

xoves, 16 de maio de 2019

"Desfrutando do premio"

Onte mércores pasamos o día completo na granxa escola "Corazón de Carballo" en Vilar, moi preto da nosa escola. Era o premio por ser uns dos gañadores no concurso "Creando rural".
Alí xunto con dúas escolas máis, tamén premiadas, desfrutamos dun día expléndido e cheo de emocións.
Grazas a tod@s os que o fixeron posible!!.







sábado, 11 de maio de 2019

"Coa primavera a voltas"

Seguimos coa primavera e coa investigación das flores. Desta vez, despois de realizar uns ramos, crearon o seu propio debuxo, traballaron cos seus nomes e por último, elaboramos perfumes (machacar os pétalos con unha parte de auga destilada, logo engadirlle tres partes de alcol e introducir nun frasco deixando macerar).


venres, 10 de maio de 2019

Artisteamos con sal

Como lles gusta artistear aos nenos da Aurora!!. Desta vez realizamos debuxos con cola, posteriormente cubrimos os debuxos con sal retirando o que sobra, por último cun goteiro imos coloreando (auga con colorante) os debuxos; deixamos secar e xa temos uns cadros do máis orixinais.

mércores, 8 de maio de 2019

Concurso "creando rural"

Este martes a nosa Alcaldesa, Sandra, achegouse a nosa escola, xunto cos representantes do concurso "Creando rural" para entregarnos un diploma como uns dos gañadores desta edición.
Agradecer unha vez máis a tod@s @s que nos apoiaron e sobre todo as familias sempre tan colaboradoras.
Agora só nos queda disfrutar do premio, índonos de excursión o vindeiro mércores á granxa escola "Corazón de Carballo" e pasalo fenomenal todo o día🤗

venres, 3 de maio de 2019

Concurso "Creando rural"

Na escola da Aurora estamos de noraboa. Acaban de comunicarnos que somos un dos gañadores do concurso co mural sobre reciclaxe.
Para a vindeira semana recibiremos un diploma e según as bases irémonos de excursión a unha granxa escola o 15 de maio.
Estamos moi emocionados e contentos co premio.

mércores, 1 de maio de 2019

"O patio e a primavera"

Nótaselle ao patio da Aurora a chegada da primavera. Rebosa de cores por todos os ocos: azaleas, tajetes, alegrias, lavanda, xeranios....
Grazas as familias pola súa colaboración unha vez máis.


xoves, 25 de abril de 2019

Cumpreanos Gabriel

Este pasado domingo foi o cumpre de Gabriel.
Na Aurora festexámolo o martes e hoxe o seu pai Bruno achegouse para darnos a coñecer un pouco máis o mundo da música a través da guitarra clásica. Aprendemos moito pero o que máis nos gustou foi tocala nós mesmos.
Moitas grazas Gabriel e Bruno.


mércores, 24 de abril de 2019

"A volta coas verduras"

Xa de volta de vacacións, decidimos recoller algunha das verduras do noso horto, observalas, analizalas, debuxalas, investigalas..... Este é un breve resumo en imaxes.




venres, 12 de abril de 2019

Experimentamos cun volcán

Que cariñas de emoción poñen cando ven subir o líquido como se fose lava!!!
Tan sinxelo como verter vinagre nun frasco, engadir unhas gotas de colorante, purpurina e 2 cucharadas de xabón líquido, remexer e por último botar unha cucharada de bicarbonato sódico, esperar un segundiño á reacción e xaaaa.
Aprendemos que hai mesturas que resultan impactantes.

luns, 8 de abril de 2019

"O RECICLAXE"

Co gallo da posta en marcha do composteiro, decidimos investigar un pouco máis da reciclaxe en xeral. O resultado foi un mural feito con materiais de refugallo e un video onde os nen@s da Aurora o explican.
O mural foi presentado ao concurso de "creando rural", esperamos que sexa do agrado de todos.
A nosa autoavaliación foi moi positiva, aprendemos moito e coa nosa pinga de reciclaxe axudamos ao planeta.


domingo, 7 de abril de 2019

martes, 2 de abril de 2019

"Saída a Guardia"

Hoxe martes pasamos un espléndido día de primavera na Guardia, xunto coas escolas de Barro, Vilameán, Vilachán, Forcadela, Taborda e Seixo 1.
Xogamos e aprendemos un montón de cousas coas Redeiras( ensartamos bollas nas cordas e observamos distintas artes de pesca: redes e nasas), no Porto e na Lonxa (vimos percebes recén collidos, aprendemos como se subasta, etc) e por último no mercado voltamos a observar distintas clases de peixes. Non podemos olvidarnos da merenda tan rica que nos tiñan preparada as chicas de "O sabor da aventura está no mar": croquetas de pescada e pizza mariñeira. Xenial





venres, 22 de marzo de 2019

Máis hortalizas!!

Chegou a primavera! 
Aproveitando este bo tempo prantamos uns pés de cebolas, e trasplantamos as cenorias dos semilleiros que tiñamos dentro da escola.
Temos un horto que da gusto velo!!!




Tamén prantamos fresas nos palets que temos para decorar o patio