venres, 25 de maio de 2018

LÚA PROTAGONISTA

Onte xoves, tivemos á mamá de Lúa: Laura, na aula. Ela é médica polo que nos explicou cunha cantiga adaptada, que hai que facer cando unha persoa se desmaia. 
Con axuda de bonecos, realizamos os pasos a seguir. 
Foi unha experiencia estupenda.
MOITAS GRAZAS A LAURA E LÚA
Deixovos o enlace da cantiga por se queredes practicar na casa.

CONVIVENCIA NO CENTRO DE DÍA

Que experiencia entrañable e marabillosa!!!
Os nenos de Taborda, Vilachán, Vilameán e Aurora, convivimos cos "avós" do centro de día de Tomiño.
Dividímonos en catro grupos e fomos rotando por distintos talleres:
  • Sala de Masaxes
  • Clasificación de distintos materiais
  • Pintado de uñas
  • Charla e discursión.
Ademáis merendamos, xogamos e agasallámolos cuns floreros e flores moi variados.
Xa temos ganas de repetir!!!
 
AQUÍ PRACTICANDO O DÍA ANTERIOR!

mércores, 23 de maio de 2018

FROITA TROPICAL

Este mércores tivemos "piña natural" de merenda. Todo un éxitazo. No seu punto e riquísima
 

venres, 18 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS

CONVIVENCIA "LETRAS GALEGAS" NA AURORA

Hoxe foi un día moi pero que moi especial para os nenos da Aurora. 
Todo o alumnado do cra, achegouse ata a nosa escola para desfrutar dunha convivencia chea de emocións.
Nen@s, familias e mestres pasámolo fenomenal coas distintas actuacións. En especial tivemos a colaboración dos avós do centro de día cantando unha cantiga co alumnado de Barro. Logo merendamos, xogamos e por último "a correr" por unha causa solidaria "gotas por Níger".
Foi un pracer compartir con todos este día para lembrar!!!
Deixámosvos o enlace ao blog do Cra, onde poderes ver un vídeo completo do día.
 
 


domingo, 13 de maio de 2018

DECORAMOS O PATIO

Durante esta semana, tivemos a nosa disposición pintura de varias cores. Pola nosa testa mergullaba facía tempo a idea de darlle máis cor e vida ao patio, ao mesmo tempo que ter novos xogos cos que disfrutar no tempo de lecer. Polo tanto, puxémonos mans a obra e así quedou. Agora só queda disfrutar deste marabilloso entorno que nos ofrece a "Aurora".
 
Aos nenos da Aurora encántalles a música (o profe Martín e Rebeca están encantados), polo que aproveitando a parte de atrás da casiña do patio fomos colocando materiais que ao golpear fan distintos sons (sarténs, maracas, tenedores, chapas,.....).
Nas horas de lecer sempre temos sons de fondo. Pasámolo estupendamente!!
 

venres, 11 de maio de 2018

CHARLA BUCODENTAL

Hoxe a madriña de Vera, "Tania", ensinounos como debemos lavarnos os dentes. A súa profesión é higienista dental e tamén estudou na escola da Aurora cando era pequena.
 Coa axuda dunha boca xigante observamos e practicamos como o cepillo,de xeito circular e despacio, limpa os dentes na súa parte exterior; logo internamente, de atrás para diante. Na Aurora xa lavabamos sempre despois da merenda os dentes pero non o faciamos de todo ben.
Agasallounos cun cepillo de dentes, pasta e enxuages para cada un. Agora só queda poñer en práctica todos os días todo o aprendido nesta grata sesión.
Moitíííísimas grazas Tania.
 
 

xoves, 10 de maio de 2018

A PRIMAVERA

Coa chegada da primavera decidimos facer outra plantación interior. Esta vez comezamos polas lentellas e os garbanzos. Para a próxima quedounos pendente as fabas e os aguacates. Xa vos teremos informados.

venres, 4 de maio de 2018

BOLAS DE HIDROXEL

BOLAS DE HIDROXEL
Necesitamos:
Bolas de hidroxel de distintas cores
Un recipiente
Auga
 
Moi sinxelo desta vez. Vaciamos as bolas de hidroxel nun recipiente, con coidado porque son tan pequenas que poden caer. Logo engadimos auga e a esperar.
¿Qué pasará?
Pois que se fixeron moi grandes absorvendo a auga. Agora a xogar con elas de moitos xeitos diferentes.