"O NOSO ROBOT"
mércores, 18 de abril de 2018
SAÍDA AO TEATRO
"TEATRO EN VIGO"
Cantas emocións esta semana!!!
Hoxe tocaba achegarnos a Vigo en autobús e disfrutar dunha xornada especial; primeiro no parque de Castrelos, onde xogamos e merendamos, logo no teatro " García Barbón" coa obra "Antón comodón" que nos transmitíu valores, tales como, compartir, amizade, a importancia da autonomía,.....
Pasámolo fenomenal!!!
Déixovos o enlace da web do espéctaculo teatral.
venres, 13 de abril de 2018
DECORAMOS
Xa tiñamos ganas duns días de sol para disfrutar do patio e poñernos mans a obra pintando uns palets que nos trouxeron os papis de Unai.
Logo de pintalos de branco, colocámolos contra a parede e prantamos fresas e flores diversas que aportaron as familias.
Ademáis colgamos as tellas que fixeramos na convivencia de Crearte e sacamos para fóra a balanza xigante para xogar.
A verdade é que a Aurora cobra máis vida coas distintas cores. Esperamos seguir decorándoa e poñéndoa máis fermosa se cabe.
venres, 6 de abril de 2018
LÁMPARA DE LAVA
LÁMPARA DE LAVA
Necesitamos:
Bote alto transparente
Auga
Aceite
Colorante
Pastilla efervescente
Linterna do móbil
Botamos auga no recipiente alto ata a metade. Logo engadímoslle colorante da cor que se queira e mesturamos ben. Despois engadimos aceite ata arriba. Que pasa?..... o aceite queda arriba, por máis que o misturamos volve quedar arriba. Por qué? Pois o aceite pesa menos que a auga e por iso flota.
Colocamos unha linterna por debaixo do recipiente e engadimos unha pastilla efervencente. O efecto é moi fermoso, creanse unhas burbullas que o aceite parece lava.
Este experimento encantounos.
mércores, 4 de abril de 2018
BALANZA XIGANTE
Que ben o estamos a pasar coa nosa nova "balanza xigante". Polo de agora probamos con madeiras e pedras pero está aberta a nosa imaxinación.
luns, 2 de abril de 2018
SAÍDA A INDIANA BILL
Hoxe foi un día moi especial, estabamos contando os días que faltaban para que chegara. O autobús recollíanos na Aurora; todos emocionados fomos recollendo polas outras escolas (Carregal, Taborda e Vilachán) aos demais compañeir@s.
Ao chegar, xa nos esperaban @s nen@s de Forcadela, Barro e Amorín. deixamos cazadoras e zapatos e a xogaaaaarrrr!!! Logo merendamos e voltamos a dar outra volta polas bolas, tirolinas, colchonetas e tobogáns. En fin, un día espectacular.
martes, 27 de marzo de 2018
REFORESTACIÓN "RÍO DA PEDRA"
"REFORESTACIÓN NO RÍO DA PEDRA"
Foi un día estupendo e o sol acompañounos dende a primeira hora.
En outubro na Aurora fixemos un semilleiro de castañas e landras, agora xa moi grandes levámolas ao río da pedra para que alí medren mellor.
De novo outra convivencia con todo o alumnado do CRA marabillosa.
venres, 23 de marzo de 2018
CLAVELINAS DE CORES
CLAVELINAS DE CORES
Xa fixeramos algún experimento de capilaridade pero coa chegada da primavera, queríamos facer algo con flores.
Necesitamos:
Clavelinas brancas
Botes de cristal
Auga
Colorante
Xa fixeramos algún experimento de capilaridade pero coa chegada da primavera, queríamos facer algo con flores.
Botamos auga nos recipientes, engadimos colorante de distintas cores en cada un deles. Finalmente, metemos varias clavelinas en cada recipiente. Agora a esperar que pasa. Todos sabiamos que as clavelinas brancas ían a cambiar de cor pero queríamos velas. Así foi o resultado.
martes, 20 de marzo de 2018
PATRIMONIO
"PATRIMONIO"
Cando decidimos traballar o noso patrimonio cultural máis próximo no Cra, dende a escola da Aurora tiñamos claro que íamos investigar a nosa fermosa escola.
Aproveitando un día de sol de finais de marzo, saímos coas mesas e cadeiras para fóra e a debuxarrrrr!
Que ben o pasamos contando as fiestras, as portas, cores,.....incluso démonos conta que temos una chimenea!. Logo grazas a aportación da mamá de Vera con diferente información impresa da traxectoria da nosa escola, así quedou o noso cartel. Esperemos que vos guste!!
venres, 16 de marzo de 2018
martes, 13 de marzo de 2018
APRENDEMOS MANIPULANDO
venres, 9 de marzo de 2018
NICOLÁS PROTAGONISTA!!
Esta semana temos a Nicolás de protagonista. Os seus pais, Esther e Luis, achegáronse á Aurora para contarnos un montón de cousas sobre el a partires dunha presentación. Dende pequeno foi un solete e querémolo un montón.
venres, 2 de marzo de 2018
BOTELLAS DA CALMA
BOTELLAS DA CALMA
Necesitamos:
Botellas de plástico
Embudo
Auga templada
Xel fixador
Purpurina de cores
Xa facemos moito uso do noso "Recuncho da calma" pero queremos seguir completándoo con cousas feitas por nós.
Botamos con axuda do embudo, auga templada nunha botella. Mesturámoslle un pouco de xel fixador e batemos con forza. Logo enchemos con máis auga e botamos purpurina da cor elexida. Volta a bater e xa está preparada a botella da calma. Bueno decoramos con rotuladores permanente.
xoves, 1 de marzo de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























