venres, 1 de xuño de 2018

ARROZ DE CORES

ARROZ DE CORES
Necesitamos:
Arroz
Alcohol
Bolsas transparentes herméticas
Colorantes
 
Desta vez quixemos experimentar con algo que nos vai a servir posteriormente para outras actividades na aula.
Asique botamos arroz dentro de catro bolsas transparentes, de seguido un chorro de alcohol; pechamos ben e toca axitar un bo rato. Logo engadimos unhas gotas de colorante, en cada bolsa unha cor, pechamos e axitamos de novo.
Vaciamos cada bolsa nun prato e a secarrr!!!
Xa vos ensinaremos que fixemos co arroz de cores.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario