venres, 19 de xaneiro de 2018

COMO FACEMOS UN ARCO DA VELLA?
Necesitamos:
Lacasitos de distintas cores
Auga
Pratos brancos

Colocamos os lacasitos no prato formando un círculo de cores. Engadimos unha pouca de auga ata que tome contacto cos lacasitos. Esperamos uns segundos e imos vendo como as cores dos lacasitos van formando unha arco da vella fermoso.
E por que?
Os lacasitos teñen azucre e colorante. Ao contacto ca auga perden as súas cores e o azucre fai que non se mesturen.
Os lacasitos que nos sobraron zampámolos todos. Moi ricos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario