mércores, 17 de xaneiro de 2018

"ERIC, PROTAGONISTA"

Esta semana, Eric é o protagonista na escola da Aurora. Entre outras actividades, a familia de Eric, acompañounos este luns: mamá Mila e avoa Maruja.
Contáronnos, a través dun libro fermoso, como discurrira a vida de Eric estes catro anos. A súa avoa tamén nos explicou a "que se xogaba" cando ela era pequena e un montón de anécdotas de Mila na escola porque ela tamén estudou na "Aurora".
Pasámolo moi ben.
MOITAS GRAZAS A MILA E MARUJA. FOI UN PRACER TERVOS NA NOSA ESCOLA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario